martes, 29 de decembro de 2015

POEMAS E POSTAIS DO NADAL


Ainhoa é a autora do debuxo da postal coa que felicita o colexio este Nadal. Foi realizado o curso pasado cando ía en 2º.









luns, 21 de decembro de 2015

FELICES LECTURAS E FELICES FESTAS

Como todos os anos xa están editadas as recomendacións lectoras das bibliotecas Lemosle para este nadal e inverno. Son para todas as idades e foron elaboradas de xeito colaborativo polas bibliotecas escolares e  municipais integrantes do colectivo LEMOS LE. 
  Outras recomendacións que vos poden interesar, neste enlace    Lecturas para tempos fríos  das BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA.

mércores, 9 de decembro de 2015

A DECLARACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS


A Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH) é un documento adoptado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 10 de decembro de 1948 en París. Nela recóllense, nos seus 30 artigos, os dereitos humanos considerados básicos.
Recomendamos ver e ler este vídeo.Veredes que interesanteé tanto polo que di como pola forma de dicilo.

Para lembrar documentos e actividades que vimos, coñecemos ou fixemos en cursos pasados pulsa na etiqueta dereitos humanos ou aquí

domingo, 29 de novembro de 2015

VISITA Á BIBLIOTECA LOIS PEREIRO.

O alumnado de 3º e 4º visitou no  mes de novembro a biblioteca pública do noso concello chamada Lois Pereiro.As cativas e cativos  fixéronse socios e interesáronse polas explicacións que Elisa, a bibliotecaria, lles deu sobre o funcionamento e prestamo de libros.




venres, 27 de novembro de 2015

CANTAPANDAS, XOGOS POPULARES E MAGOSTO NO OUTONO

Este curso na semana da tradición oral adicámonos a  aprender pandas. No día do magosto pasámolo moi ben cantando as formulas que  cada aula memorizou. Pronto poderemos disfrutar  do vídeo que se está a preparar e que ten por protagonistas os gañadores do concurso..



Nste libro podedes atopar todas as pandas.

MANUEL MARÍA : ROTEIRO LITERARIO E RECURSOS

 MANUEL MARÍA foi un gran escritor galego que viviu durante case 40 anos en Monforte de Lemos. Visitou en varias ocasións o colexio de A Gándara e aquí temos lido,cantado, recitado,bailado, representado.. varias das súas creacións literarias,  Morreu no ano 2.004. O
 académico  cumpriría o pasado 6 de outubro 86 anos. 

O PRÓXIMO ANO 2.016 SERÁ O ANO DE MANUEL MARÍA XA QUE SERÁ O AUTOR A 

QUEN SE LLE ADICARÁ O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.


Dende os equipos de Dinamización da Lingua Galega e   Biblioteca pretendemos dar a coñecer e render homenaxe a este personaxe histórico da nosa localidade.


Para empezar damos conta de dúas ligazóns:

  http://www.casamuseomanuelmaria.gal/portada.htm  con moita información e recursos didácticos.


celebrado o   pasado 8 de novembro e organizado por  O colectivo de bibliotecas Lemos Le  e a Asociación Cultural de Sober.



xoves, 5 de novembro de 2015

CONTOS DE MEDO A ESCURAS NA BIBLIOTECA E MONSTRUIÑOS E CABAZAS POLO COLEXIO.


A moi coñecida Mercedes de Cabodevila entretivo aos máis pequenos.

Gabriel sorprendeunos contando a  intrigante historia de Nico con momentos de moita tensión e medo. 

Abel captou a atención do público coa historia da figueira de Pelostortos.

Xiana e Víctor deron conta dunha lenda tradicional galega de defuntos.

Un grupo de 1º recitou as rimas de reciclaxe no Samaín




Ao final a canción do samaín de Brinca vai


 

A EXPOSICIÓN DE CABAZAS






ADULTOS NA BIBLIOTECA: CLUB DE LECTURA, PLAN ANUAL E AGASALLOS NO DÍA DA BIBLIOTECA




O LIBRO QUE LEREMOS AS PERSOAS INTERESADAS EN PERTENCER O CLUB ESTE CURSO  FOI CEDIDO POLA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE SOBER.PREMEDE NO LIBRO SE QUEREDES MÁIS INFORMACIÓN

xoves, 29 de outubro de 2015

ENTREGA DOS PREMIOS "MULLERES DE LEMOS" NO DÍA DA BIBLIOTECA: SARA E VÍCTOR (ANTIGUOS ALUMNOS DO NOSO COLEXIO ) GAÑADORES

Para conmemorar           o Día da Biblioteca  o Colectivo Lemos le organizou por terceiro ano  unha cea de persoas relacionadas coa cultura, a lectura e a educación




Alí estivo representada a nosa biblioteca. Foi na Pobra do Brollón pois como lembraredes María Castaña nacera nesa localidade.




A cea foi  no Restaurante As 
Viñas de A Pobra do Brollón.



Con este acto reivindicase a 
importancia do papel das 
Bibliotecas como difusoras de 
cultura, formadoras de lectores, 
lugar de encontro e centros de 
información e recursos.










  Durante o acto fíxose entrega dos premios do 

II CERTAME MULLERES DE LEMOSMARÍA 

CASTAÑA. UNHA MULLER PARA O 8 DE MARZO.



1º Premio divulgación: Xurxo Ayán que non puido asistir debido a un recente accidente,e recolleu o premio o seu tío Suso Cuarenta. Entregoullo o concelleiro de cultura e alcalde en funcións de Pobra do Brollón.

1º Premio banda deseñada: Sara Rodríguez Barrientos (IES Daviña Rey)
Entregoullo a concelleira de Cultura de Monforte de Lemos.
Accésit categoría banda deseñadaVíctor Domínguez Fernández (IES Daviña Rey) Entregoullo o alcalde de Sober


Proxectouse o conto María Castaña. Unha muller para o 8 de marzo, elaborado polo CIM a partir dos traballos feitos polos alumnos e alumnas dos centros de Educación de Primaria da Comarca; con voz en off da xornalista Manola Porto. 


  Tamén contamos nesta cea coa presenza de Xabier Quiroga, que nos agasallou coa lectura do seu texto: A miña biblioteca, a miña casa.
Pilar Sampedro, ata hai poucos días asesora de Bibliotecas Escolares de Galicia,  honrounos coa súa presenza. Felicitou ao colectivo polas actividades e animou aos presentes  a seguir con esta tarefa de  divulgación e fomento da lectura, educación na igualdade e traballo colaborativo



  Ao remate do acto foi presentada a III EDICIÓN DO CERTAME MULLERES DE LEMOS, adicado no próximo ano a Lola de Penelas, unha oleira da terra de Gundivós no concello de Sober.



As dúas impresionantes tartas da sobremesa











O traballo sobre María Castaña do historiador e gañador do certame Xurxo Ayán  ten moito interés e aporta novos datos sobre este personaxe. Pódese ver máis información no seguinte ARTIGO DE" LA VOZ DE GALICIA"

venres, 23 de outubro de 2015

DÍA DA BIBLIOTECA

PRESENTACIÓN DA GUÍA DE USUARIOS E AGASALLO DE MARCAPÁXINAS CO TEXTO DE OLGA NOVO
 
                                                                       MINICONCERTO INSTRUMENTAL                                                                                             


 
BIBLIOAXUDANTES POLAS AULAS




TODO O ALUMNADO DO COLEXIO ESTIVO HOXE NA BIBLIOTECA E LEVOU O SEU AGASALLO.