Outro dos actos organizados o pasado venres foi protagonizado polo grupo de teatro, que representou a obra "O chifre" baseada nun poema de Manuel María, autor a quen se lle adica o Día das Letras Galegas deste ano. A obra será estreada para o público en xeral o próximo vernes 29 de Abril na Casa da Cultura Lois Pereiro.
Outra das actividades realizadas para conmemorar o día do Libro. O alumnado do noso centro disfrutou dunha exposición de libros seleccionados con 3 temáticas: Don Quijote, Historia e personaxes históricos e Manuel María. Ademáis os alumnos Alejandro e Nerea explicáronlles aos seus compañeiros a vida de Miguel de Cervantes a partir dun mural elaborado polos seus compañeiros/as de 4º de Primaria.
A gran festa da lectura que levamos anos facendo nesta data, resultou coma sempre unha tenra, emotiva e educativa actividade. Só hai que mirar as expresións dos rostros de afilladas e afillados ante os seus padriños lectores.
PARABENS PARA TODOS!!! E... FELIZ DÍA DO LIBRO!!!
Texto agasallo do escritor Pedro Feijoo para as bibliotecas escolares no día do libro.
Premendo na imaxe de abaixo podedes acceder a materiais e actividades das bibliotecas escolares.
"Un libro é un vínculo entre o pasado e o futuro. É unha ponte entre xeracións e entre culturas. É unha forza para crear e compartir a sabedoría e o coñecemento"
Como xa sabedes cada ano convocamos no mes de abril (o mes dos libros) o Certame de Creación Literaria e Ilustración Letras Galegas. Este ano vai de animais. Así que poñede a vosa imaxinación e bo facer a funcionar e preparade un bo conto con bonita ilustración. Continua lendo e observando para ter máis información e ideas.
ESTE É O NOSO CARTEL CON ILUSTRACIÓN TOMADA DO CARTEL DO
A narración e a ilustración, xuntas ou por separado
tamén se poderán presentar ao CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL Letras Galegas 2016 da Biblioteca
Municipal e Provincial. Nese caso farase unha copia
que será a que quede no centro formando
parte dun libro colectivo por clase.
E se o que queremos é facer unha viaxe a través do tempo na nosa historia pois adiante! Aló cando os animais falaban...
Cartel da convocatoria das Bibliotecas Públicas
MÁIS IDEAS PARA OS TRABALLOS
LEDE BEN AS BASES
CARTEL DO SALÓN DO LIBRO DA ILUSTRADORA María Álvarez "Yupiyeyo"
O PAPAGAIO. Un xornal escolar mensual, nace co obxectivo de achegar aos nenos e nenas de todo o país toda esa información que adoitan ver e escoitar decotío, pero dun xeito máis apropiado ás súas idades e ás súas inquedanzas, nun formato novidoso como é un xornal. Este proxecto vén da man do Estudio Carreiro e o seu selo Edicións MOITO CONTO, onde, á parte do traballo de Pepe e Abraham Carreiro, tamén atopamos destacados colaboradores que se encargan das diferentes seccións.
El 8 de abril se celebra en todo el mundo el Día Internacional del Pueblo Gitano (International Roma Day).
Esta fecha, recuerda el Congreso Mundial roma/gitano celebrado en Londres el 8 de abril de 1971 en el que se instituyó la bandera y el himno gitano .
Desde hace unos años el '8 de abril' está adquiriendo gran notoriedad, sirviendo de ocasión para distintas celebraciones y comunicaciones por parte de múltiples instituciones nacionales y europeas.
La Fundación Secretariado Gitano participó en la organización de actos conmemorativos en todo el territorio nacional, con lecturas de manifesto, ceremonias en el río y recepciones locales y territoriales. Se sumó a los actos oficiales, y en Madrid llevó a cabo una acción de calle reivindicativa para escenificar un basta ya a la discriminación
Recomendamos a lectura do libro PATATITA, de Pilar Molina Llorente