martes, 29 de marzo de 2016

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Animamos a celebrar este día coas propostas que nos fai GÁLIX Asociación Galega do Libro Infantil  e Xuvenil :


O CONTO DE MARÍA CASTAÑA EN VÍDEO E NARRADO POLA XORNALISTA MANOLA PORTO

                                Este é o conto que elaborado polos nenos e nenas da Comarca de Lemos foi presentado publicamente o día da muller na Casa da Cultura de Monforte nun acto organizado polo CIM ao que acudiu o alumnado de 6º. Fomos agasallados con 15 exemplares que están sendo lidos estes días nas aulas. Agora tamén podemos disfrutar desta narración coa voz da xornalista da radio ONDA CERO de Monforte.
 

venres, 25 de marzo de 2016

"Mulleres da miña vida" e mulleres que fixeron historia


Para conmemorar o día da Muller nas aulas de 3º e 1º fíxose un mural coas fotos ou debuxos das mulleres traballadoras  "da nosa vida": a nai, avoa, bisavoa, tía… facendo o seu traballo (na casa ou fóra da casa) foron as protagonistas a través de fotos ou debuxos. Moitas grazas ás familias pola colaboración.


Na biblioteca dispoñemos de diversas biografías de mulleres que fixeron  historia. No mes de marzo formaron parte da exposición de libros recomendados. 

xoves, 17 de marzo de 2016

QUEN FOI LOLA DE PENELAS ?

Lola de Penelas foi unha oleira de Gundivós (Sober) que viviu no século XX. O colectivo Lemos Le, do que a nosa biblioteca forma parte, homenaxeará este ano a esta muller de Lemos con dúas principales actividades:
  •  OBRADOIRO MULLERES DE LEMOS para Educación Primaria e en colaboración co CIM
  • CERTAME DE DIVULGACIÓN MULLERES DE LEMOS no que se establecen dúas modalidades:

                  a. Banda deseñada para participantes de 12 a 18 anos
                  b. Traballo de divulgación en calquera xénero literario para participantes a partir de 18 anos.

Podemos ter máis información a través destes recortes de prensa ou en http://lemosle.blogspot.com.es/ 



ACTIVIDADES PARA MARZO


mércores, 9 de marzo de 2016

MARGARITA RODRÍGUEZ OTERO

No día da muller as nenas e nenos do colexio tivemos a gran sorte de contar cunha gran muller de Monforte. Margarita falounos da súa vida; das súas variadas e moi interesantes "profesións": historiadora, investigadora, escritora... e  achegounos información de  mulleres importantes na historia de Monforte das que nunca antes oiramos falar. Todo isto fíxoo a través duns relatos que ela ten escrito e que contou diante dun público moi atento.Contounos a moi interesante historia de  Madalena de Caneda ou de Xoana de Castro. Foron dúas sesións: a primeira para o alumnado de 1º 2º e 3º e a segunda para , 4º e 5º e 6º. Ao rematar o acto recibiu un ramo de flores como pequeno homenaxe.
MOITAS GRAZAS MARGARITA!


Algún  dos  alumnos adicoulle unhas palabras na súa libreta.

Nenas e nenos acheganse para falar persoalmente coa escritora.


domingo, 6 de marzo de 2016

CHARLA HOMENAXE PARA O DÍA DA MULLER: MARGARITA RODRÍGUEZ OTERO

MARGARITA RODRÍGUEZ OTERO ten unha especial relación coa Gándara xa que os seus  tres netos e a súa neta foron alumnos do noso colexio. 

Xa que estamos na semana da prensa vennos moi ben lembrar as características dunha entrevista periodística ao mesmo tempo que nos documentamos sobre a nosa invitada. Recomendamos, pois  ler estas dúas entrevistas realizadas por dúas xornalistas monfortinas no ano 2.014 a Margarita.


Día da muller


sábado, 5 de marzo de 2016

SEMANA DA PRENSA

Para animar aos estudiantes a ler e utilizar o xornal e axudalos a desenvolver a súa capacidade de exposición e redacción, Prensa-Escuela convoca cada ano o concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil, na que poden participar alumnos de todos os niveis educativos non universitario.

http://www.prensaescuela.es/gl/participa/concursos/144-concurso-mellor-xornalista-infantil-e-xuvenil-2016

Recomendamos visitar o blog de Prensa-Escuela para ver A NOTICIA DO DÍA
  http://www.prensaescuela.es/gl/