xoves, 29 de outubro de 2015

ENTREGA DOS PREMIOS "MULLERES DE LEMOS" NO DÍA DA BIBLIOTECA: SARA E VÍCTOR (ANTIGUOS ALUMNOS DO NOSO COLEXIO ) GAÑADORES

Para conmemorar           o Día da Biblioteca  o Colectivo Lemos le organizou por terceiro ano  unha cea de persoas relacionadas coa cultura, a lectura e a educación




Alí estivo representada a nosa biblioteca. Foi na Pobra do Brollón pois como lembraredes María Castaña nacera nesa localidade.




A cea foi  no Restaurante As 
Viñas de A Pobra do Brollón.



Con este acto reivindicase a 
importancia do papel das 
Bibliotecas como difusoras de 
cultura, formadoras de lectores, 
lugar de encontro e centros de 
información e recursos.










  Durante o acto fíxose entrega dos premios do 

II CERTAME MULLERES DE LEMOSMARÍA 

CASTAÑA. UNHA MULLER PARA O 8 DE MARZO.



1º Premio divulgación: Xurxo Ayán que non puido asistir debido a un recente accidente,e recolleu o premio o seu tío Suso Cuarenta. Entregoullo o concelleiro de cultura e alcalde en funcións de Pobra do Brollón.

1º Premio banda deseñada: Sara Rodríguez Barrientos (IES Daviña Rey)
Entregoullo a concelleira de Cultura de Monforte de Lemos.
Accésit categoría banda deseñadaVíctor Domínguez Fernández (IES Daviña Rey) Entregoullo o alcalde de Sober


Proxectouse o conto María Castaña. Unha muller para o 8 de marzo, elaborado polo CIM a partir dos traballos feitos polos alumnos e alumnas dos centros de Educación de Primaria da Comarca; con voz en off da xornalista Manola Porto. 


  Tamén contamos nesta cea coa presenza de Xabier Quiroga, que nos agasallou coa lectura do seu texto: A miña biblioteca, a miña casa.
Pilar Sampedro, ata hai poucos días asesora de Bibliotecas Escolares de Galicia,  honrounos coa súa presenza. Felicitou ao colectivo polas actividades e animou aos presentes  a seguir con esta tarefa de  divulgación e fomento da lectura, educación na igualdade e traballo colaborativo



  Ao remate do acto foi presentada a III EDICIÓN DO CERTAME MULLERES DE LEMOS, adicado no próximo ano a Lola de Penelas, unha oleira da terra de Gundivós no concello de Sober.



As dúas impresionantes tartas da sobremesa











O traballo sobre María Castaña do historiador e gañador do certame Xurxo Ayán  ten moito interés e aporta novos datos sobre este personaxe. Pódese ver máis información no seguinte ARTIGO DE" LA VOZ DE GALICIA"

Ningún comentario:

Publicar un comentario