venres, 30 de marzo de 2012
xoves, 29 de marzo de 2012
SESIÓN DE CONTACONTOS CON MÚSICA
Patricia e Alex da editorial Kalandraka viñeron o venres 23 a contarnos as historias que saen da súa fábrica de soños.
Alex é o músico e Patricia conta e canta. As nenas e nenos de educación infantil disfrutaron coa súa actuación.

MOITA ACTIVIDADE NA BIBLIOTECA. NOVOS SERVIZOS
Este mes non paramos. Un día calquera no recreo podemos ver como ademáis do préstamo habitual estanse preparando murais para o día da etnia xitana ou de mulleres na música , buscando información , recontando votos das cancións de amor, lendo ou memorizando ou ensaiando poesía , teatro ... En fin que cada vez usamos e disfrutamos máis da nova biblioteca.
Os catro postos de internet sempre están ocupados e a nova tarima escenario está resultando moi útil.
MALETAS DE LECTURAS DE IDA E VOLTA DENDE SALAMANCA
Dende o 12 de marzo ata o 7 de maio dispoñemos de dúas coleccións de libros en grandes maletas :
"Cuentos y cosas de osos y osas"
"¿ Qué te cuentas?
Participamos neste programa de préstamo da prestixiosa Fundación Germán Sánchez Ruipérez CENTRO INTERNACIONAL DEL LIBRO INFANTIL Y JUVENIL dende o curso pasado.
http://www.fundaciongsr.com/
“Lecturas de Ida y Vuelta. Curso 2011-2012″
Nesta ocasión as maletas circularán e dormirán nas 7 aulas de educación infantil e 1º ciclo de primaria. O programa inclúe suxerencias de múltiples actividades e tratamento das lecturas.

SEMANA DA PRENSA
Do día 12 ao 16 celebrouse a Semana da Prensa na Escola. Na biblioteca ofrecemos distintos xornais e revistas para ler, comentar, recortar e traballar eses días.
Animamos así mesmo a participar no Concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil promovido polo suplemento escolar do xornal "La voz de Galicia"

luns, 12 de marzo de 2012
OBRADOIRO DE DEBUXO CON ABRAHAM CARREIRO
Dentro das nosas actividades de promoción de lectura e creatividade este luns coñecemos ao debuxante, ilustrador e deseñador gráfico Abraham Carreiro. Ten publicados varios libros entre os que destacamos Xoeliki www.xoeliki.com/
e a Colección de contos que len outros nenos do mundo.
É unha colección que trata de achegarnos ás diferentes culturas do mundo mediante contos populares de distintos lugares. Cada conto vai introducido pola mascota da colección, unha cigoña que gosta moito de viaxar. Durante as súas viaxes vai recopilando historias dos sitios polos que pasa para despois contárnolas ao chegar aquí.
Abraham Carreiro iniciounos no marabilloso mundo do debuxo e do cómic a través dalgúns dos personaxes dos seus contos. Aprendeunos a debuxar animais, creación de personaxes,expresións ...
Cos seus debuxos que amablemente nos deixou de recordo faremos unha exposición.

sábado, 10 de marzo de 2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)