luns, 5 de novembro de 2018

Samaín 2018

O pasado venres 2 de novembro celebramos o noso Samaín. Fixemos unha exposición de cabazas terroríficas e contamos contos a escuras na nosa nova biblioteca. O alumnado de 1º de Primaria representou unha obra teatral, os de 2º de Primaria deleitaron a todo o público coa canción "Brubribre, A bruxa Brita" o alumnado de 3º fixo adiviñas monstruosas, e os máis maiores bailaron a ritmo de Thriller... Pasámolo xenial