Tres mestras da comisión da biblioteca do noso colexio estivemos xunto a máis de mil profes aprendendo e compartindo experiencias sobre o tema LER PARA VER. Abordouse o referido á competencia en información dende a biblioteca escolar . No seguinte enlace pódese ter acceso aos MATERIAIS IV XORNADAS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA que esperemos axuden a todos os que considen interesante Educar para unha lectura comprensiva e crítica dos medios de comunicación social na actualidade
É o mes de novembro tempo da Literatura de Tradición Oral: contos,adiviñas ditos,refráns... Exercitamos a memoria e transmitimos o que aprendemos pola fala,recitando, cantando... Estes cursos viñamos facendo por estas datas o concurso de trabalingüeteiros e este ano decidómonos polo de adiviñanceiras e adiviñanceiros.
De cada clase sae un ou dous adiviñanceiros ( descubre a adiviña e memorízaa). Farase un vídeo cos resultados.
O pasado día 5 Anuncia contou un conto de medo a todo o alumnado de 1º ciclo. O conto é A casa da miña avoa e dende que ela o narrou caracterizada de bruxa e con moitos bonecos por ela fabricados este libro está tendo moito éxito.
A profe Anuncia que o pasado curso se xubilou, segue vindo ao cole este curso. Ela axuda a ler a nenas e nenos en pequenos grupos todos os luns e xoves na biblioteca.
Moitas, variadas, divertidas e interesantes actividades no día do Samaín. Houbo un traballo nas distintas aulas durante os días previos que deu como resultado un lucido expectáculo do que todos puidemos disfrutar.
Exposición de cabazas decoradas
Teatro 2º BAILE NO CASTELO
Estes foron os protagonistas
Alumnado de 2ºA
e 2º B
Bruxas e bibliotecarias
Vampiros
Monstros
Fantasmas
Vídeo coa representación
CANCIÓN DOS ESQUELETES
Vídeo coa versión galega da Canción dos Esqueletes interpretada pola totalidade do alumnado de Infantil.
Contaron contos, presentaron novidades e entregaron agasallos
O equipo de biblioaxudantes quedou moi satisfeito desta actividade na que tiveron que demostrar as súas cualidades como comunicadores. Sorprendeu o gran silencio e atención que prestaron as nenas e nenos de todas as idades. Grazas tamén ao profesorado pola colaboración. Pódense ver máis imaxes no vídeo.
FORMACIÓN DE USUARIOS
A CDU, servizos e usos das distintas zonas da biblioteca
Iniciamos as distintas sesións de formación de usuarios da biblioteca co vídeo que enlazamos e que
foi rodado en centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares de diferentes recunchos de Galicia, co gallo do Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, celebrado en Compostela os días 10, 11 e 12 de novembro, organizado pola Consellería de Educación en colaboración co Ministerio de Educación. As imaxes exemplifican a distribución de espazos nas novas bibliotecas, e algunhas das actividades que o alumnado realiza nelas día tras día.
Coa proxección do vídeo puidemos comprobar a calidade do novo equipo de son que acabamos de mercar
Exposición no patio, encontros das familias e encontros das bibliotecarias da comarca foron outras das actividades do 24 de outubro día da biblioteca.
O AGASALLO
Estas son as tres portadas do libriño co que se obsequiou a todas as familias para que así conserven para sempre o texto que Olga Novo adicou á nosa biblioteca. Foron feitas por Felipe, Antía e Aurora de 6º.