luns, 25 de novembro de 2019

Día Internacional contra a Violencia de Xénero


Hoxe é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e os alumnos e alumnas de 6º de primaria fomos á concentración celebrada fronte ao concello, onde houbo diferentes actos.

Por un lado, escoitamos nas voces dos alumnos e alumnas do Río Cabe unha versión da canción "Bella Ciao".
A continuación fixemos unha cadea humana ao redor das dúas beiras do río Cabe, unindo a ponte vella e a nova. Ao mesmo tempo, dous piragüistas do "Club Quixós" desprazaron entre as dúas pontes unhas letras brancas onde se lía MONFORTE EN NEGRO.

Día Universal dos Dereitos da Infancia.

O día 20 de novembro no noso cole celebramos o Día Universal dos Dereitos da Infancia. 

O alumnado de 6º de infantil (5 anos) cantáronnos unha canción e seguidamente os nenos nombraron  dez dereitos fundamentais da infancia.





Magosto 2019

O martes 19, celebramos no cole o MAGOSTO, que este ano polo tempo non puido ser no patio do cole. Aínda así o tempo non foi capaz de que deixáramos de pasalo xenial!!!
Primeiro os nenos de infantil fixemos xogos tradicionais no pavillón. Que ben o pasamos!!
 E pola tarde tocounos aos maiores que xogamos por quendas a seis xogos tradicionais:

A CORDA
O PANO
OS AROS MUSICAIS

O BRILÉ


O TIRASOGA
O TÚNEL POR RELEVOS
E despois de tanto xogar e pasalo super ben, chegou a hora de desfrutar dun chocolate quente boísimo con biscoitos e castañas.

Que rico estaba todo!!


mércores, 6 de novembro de 2019

Samaín 2019

A semana do Samaín, desfrutamos de varios contacontos e representacións teatrais no cole.
Os nenos e nenas de infantil puidemos desfrutar dunha representación do conto "Corre, Corre cabaciña", que nos fixeron os nenos e nenas de 1º A.
Tamén tivemos a sorte de escoitar feitizos para atraer a sorte grazas ao alumnado de A.L.
Por outro lado os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria desfrutamos dun Kamishibai do conto "Rato Pincho" que viñeron contarnos o alumnado de 6º.






Pero o mellor foi que todo isto aconteceu rodeados de magníficas decoracións que había por todo o cole, estaba todo moi bonito!!

Outro ano máis, tamén trouxemos as nosas cabazas decoradas!! Canta imaxinación que temos neste cole, eran todas moi orixinais!!

E sabedes o que??? No cole había un túnel do terror...

Pasámolo xenial!!!