Amosando publicacións coa etiqueta certame. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta certame. Amosar todas as publicacións

xoves, 24 de xaneiro de 2019

Gañadores do certame de poesía de Nadal da Biblioteca Municipal

Hugo Coutado de 2º, Sara e Mathías de 3º, Lucía e Alejandro de 6º A resultaron gañadores no Certame de poesía de Nadal da Biblioteca Municipal e acudiron hoxe a recoller os seus agasallos. Agora participarán no Certame Provincial, NORABOA



luns, 5 de febreiro de 2018

Certame de poesía de Nadal do Concello de Monforte



Nahum, Sara, Nerea e Valentina acudiron á biblioteca municipal para recoller os seus diplomas e agasallos por resultar gañadores no Certame de Poesía de Nadal organizado polo Concello de Monforte de Lemos.





xoves, 25 de maio de 2017

Entrega de Premios Certame de Debuxo e Narrativa "O mundo que queremos"

Os nosos alumnos/as: May (infantil 5 anos), Tiago e Estefanía (1º de primaria), Antía (4ºB), Eva e Nerea (5ºB) e Sara (6ºB) recibiron os seus agasallos por recibir gañadores do certame de debuxo e narrativa da biblioteca municipal, que este ano xiraba sobre o tema "O mundo que queremos"





















martes, 12 de abril de 2016

CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA E ILUSTRACIÓN MESES DO LIBRO E LETRAS GALEGAS 2016

Como xa sabedes cada ano convocamos no mes de abril (o mes dos libros)  o Certame de Creación Literaria e Ilustración Letras Galegas. Este ano vai de animais. Así que poñede a vosa imaxinación e bo facer a funcionar e preparade un bo conto con bonita ilustración. Continua lendo e observando para ter máis información e ideas.

ESTE É O NOSO CARTEL CON ILUSTRACIÓN TOMADA DO CARTEL DO



 A narración e a ilustración, xuntas ou por separado tamén se poderán presentar ao  CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL Letras Galegas 2016 da Biblioteca Municipal e Provincial. Nese caso farase unha copia que será a que quede no centro formando parte dun libro colectivo por clase. 

E se o que queremos é facer unha viaxe a través do tempo na nosa historia pois adiante!  Aló cando os animais falaban...    

Cartel da convocatoria  das Bibliotecas Públicas

MÁIS IDEAS PARA OS TRABALLOS


LEDE BEN AS BASES

CARTEL DO SALÓN DO LIBRO DA ILUSTRADORA  María Álvarez "Yupiyeyo"



xoves, 28 de xaneiro de 2016

Gañadores Certame de Poesía de Nadal da Biblioteca Municipal Lois Pereiro

Diego, Abel, e Luzía recibiron diploma e libros de agasallo no acto que tivo lugar na Biblioteca  Lois Pereiro e  na que estiveron presentes o alcalde, concelleira de Cultura e bibliotecaria. Máis información AQUÍ.








xoves, 14 de xaneiro de 2016

ENTREGA DE PREMIOS DOS CERTAMES DE POESÍA E TARXETA DE NADAL.

 Papá Noel quedou moi gratamente sorprendido da calidade e beleza dos traballos deste ano. El foi o invitado ao acto de entrega.
Os premiados de Infantil ,1º e 2º


Gañadoras e gañadores de 3º, 4º, 5º e 6º


Nenas e nenos de Infantil  entregaron as súas cartas a Papá Noel. El ,que ese día levaba gafas de sol, repartiu doces a todos os presentes.




martes, 29 de decembro de 2015

POEMAS E POSTAIS DO NADAL


Ainhoa é a autora do debuxo da postal coa que felicita o colexio este Nadal. Foi realizado o curso pasado cando ía en 2º.