Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións

mércores, 6 de novembro de 2019

Samaín 2019

A semana do Samaín, desfrutamos de varios contacontos e representacións teatrais no cole.
Os nenos e nenas de infantil puidemos desfrutar dunha representación do conto "Corre, Corre cabaciña", que nos fixeron os nenos e nenas de 1º A.
Tamén tivemos a sorte de escoitar feitizos para atraer a sorte grazas ao alumnado de A.L.
Por outro lado os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria desfrutamos dun Kamishibai do conto "Rato Pincho" que viñeron contarnos o alumnado de 6º.






Pero o mellor foi que todo isto aconteceu rodeados de magníficas decoracións que había por todo o cole, estaba todo moi bonito!!

Outro ano máis, tamén trouxemos as nosas cabazas decoradas!! Canta imaxinación que temos neste cole, eran todas moi orixinais!!

E sabedes o que??? No cole había un túnel do terror...

Pasámolo xenial!!!

luns, 5 de novembro de 2018

Samaín 2018

O pasado venres 2 de novembro celebramos o noso Samaín. Fixemos unha exposición de cabazas terroríficas e contamos contos a escuras na nosa nova biblioteca. O alumnado de 1º de Primaria representou unha obra teatral, os de 2º de Primaria deleitaron a todo o público coa canción "Brubribre, A bruxa Brita" o alumnado de 3º fixo adiviñas monstruosas, e os máis maiores bailaron a ritmo de Thriller... Pasámolo xenial









martes, 7 de novembro de 2017

Exposición de Cabazas de Samaín







Pulsa en "Máis información" para seguir vendo máis fotos
↓↓↓↓↓↓↓↓↓↓↓↓↓↓↓↓

luns, 6 de novembro de 2017

Samaín na nosa biblioteca






Pulsa en "Máis información" para seguir vendo máis fotos
↓↓↓↓↓↓↓↓↓↓↓↓↓↓↓↓

sábado, 5 de novembro de 2016

SAMAÍN 2016

Neste vídeo podemos ver un resumo das actividades realizadas na nosa biblioteca para conmemorar o Samaín.

A nosa auxiliar de conversa Kyra explicounos como se celebra o Halloween nos EEUU. 

A mestra Gloria e o alumnado de 6º contaron contos ás escuras, o alumnado de 1º e 2º de Primaria representaron dúas obras de teatro, e a mestra MºJosé contounos como perderlle o medo aos monstros. 

Tamén os alumnos de 6º nos agasallaron cunha versión da melodía da Familia Addams coa letra adaptada pola profe de música Vanesa. 

Ademáis, e como todos os anos, tivemos a tradicional exposición de cabazas. 


luns, 24 de outubro de 2016

Curtas de medo

Un ollo de vidro 


Os difuntos falaban castelao


A bruxa regañadentes


A meiga chuchona



Silly Symphonies - The Skeleton Dance




xoves, 5 de novembro de 2015

CONTOS DE MEDO A ESCURAS NA BIBLIOTECA E MONSTRUIÑOS E CABAZAS POLO COLEXIO.


A moi coñecida Mercedes de Cabodevila entretivo aos máis pequenos.

Gabriel sorprendeunos contando a  intrigante historia de Nico con momentos de moita tensión e medo. 

Abel captou a atención do público coa historia da figueira de Pelostortos.

Xiana e Víctor deron conta dunha lenda tradicional galega de defuntos.

Un grupo de 1º recitou as rimas de reciclaxe no Samaín




Ao final a canción do samaín de Brinca vai


 

A EXPOSICIÓN DE CABAZAS






mércores, 30 de outubro de 2013

SAMAÍN NO CEIP A GÁNDARA

CONTOS A OSCURAS

AS CONTADORAS:
MERCEDES DE CABO DE VILA contou os contos Como mola a túa escoba e            ao alumnado de infantil e 1º ciclo.


Elena de Infantil contou Bola de manteiga a 2º ciclo






Beni presentou O aprendiz de  home do saco












O PÚBLICO








TEATRIÑO A OSCURAS : NOITE DE MEDO











AS CANCIÓNS E VÍDEOS





A TÉCNICA DE IMAXE E SON


A EXPOSICIÓN DE CABAZAS





ALGÚNS DOS LIBROS DE MEDO  NA BIBLIOTECA


FEITIZOS E CONXUROS




CONXURO NA SALA DE PROFESORES