O alumnado de 3º e 4º visitou no mes de novembro a biblioteca pública do noso concello chamada Lois Pereiro.As cativas e cativos fixéronse socios e interesáronse polas explicacións que Elisa, a bibliotecaria, lles deu sobre o funcionamento e prestamo de libros.
domingo, 29 de novembro de 2015
venres, 27 de novembro de 2015
CANTAPANDAS, XOGOS POPULARES E MAGOSTO NO OUTONO
Este curso na semana da tradición oral adicámonos a aprender pandas. No día do magosto pasámolo moi ben cantando as formulas que cada aula memorizou. Pronto poderemos disfrutar do vídeo que se está a preparar e que ten por protagonistas os gañadores do concurso..
Nste libro podedes atopar todas as pandas. |
MANUEL MARÍA : ROTEIRO LITERARIO E RECURSOS
MANUEL MARÍA foi un gran escritor galego que viviu durante case 40 anos en Monforte de Lemos. Visitou en varias ocasións o colexio de A Gándara e aquí temos lido,cantado, recitado,bailado, representado.. varias das súas creacións literarias, Morreu no ano 2.004. O
académico cumpriría o pasado 6 de outubro 86 anos.
|
O PRÓXIMO ANO 2.016 SERÁ O ANO DE MANUEL MARÍA XA QUE SERÁ O AUTOR A
QUEN SE LLE ADICARÁ O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Dende os equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca pretendemos dar a coñecer e render homenaxe a este personaxe histórico da nosa localidade.
Para empezar damos conta de dúas ligazóns:
http://www.casamuseomanuelmaria.gal/portada.htm con moita información e recursos didácticos.
celebrado o pasado 8 de novembro e organizado por O colectivo de bibliotecas Lemos Le e a Asociación Cultural de Sober.
luns, 9 de novembro de 2015
xoves, 5 de novembro de 2015
CONTOS DE MEDO A ESCURAS NA BIBLIOTECA E MONSTRUIÑOS E CABAZAS POLO COLEXIO.
A moi coñecida Mercedes de Cabodevila entretivo aos máis pequenos. |
Gabriel sorprendeunos contando a intrigante historia de Nico con momentos de moita tensión e medo. |
Abel captou a atención do público coa historia da figueira de Pelostortos. |
Xiana e Víctor deron conta dunha lenda tradicional galega de defuntos. |
Un grupo de 1º recitou as rimas de reciclaxe no Samaín |
Ao final a canción do samaín de Brinca vai |
A EXPOSICIÓN DE CABAZAS
ADULTOS NA BIBLIOTECA: CLUB DE LECTURA, PLAN ANUAL E AGASALLOS NO DÍA DA BIBLIOTECA
O LIBRO QUE LEREMOS AS PERSOAS INTERESADAS EN PERTENCER O CLUB ESTE CURSO FOI CEDIDO POLA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE SOBER.PREMEDE NO LIBRO SE QUEREDES MÁIS INFORMACIÓN
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)