xoves, 28 de xuño de 2012

IMAXES EN VÍDEO DA INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Club de lectura alumnado

Este curso comezou a funcionar un club de lectura co alumnado de PROA. Resultou moi satisfactoria a experiencia. Na reunión de biblioaxudantes  unha das ideas con máis consenso foi precisamenta a formación de clubs de lectura así que non nos queda outra que comezar no próximo mes de setembro. Admítense suxerencias.


FESTA DOS BIBLIOAXUDANTES


O 24 de maio celebramos a festa co alumnado colaborador da biblioteca. Foi unha reunión na que se aportaron ideas para mellorar o funcionamento (normas ,clubs de lectura...); despedimos aos colaboradores de 6º e houbo agasallos e festa.  




biblioaxudantes do luns

biblioaxudantes do martes

biblioaxudantes do mércores

biblioaxudantes do xoves

biblioaxudantes do venres





Os wachi-wachi en imaxes














domingo, 3 de xuño de 2012

OLGA NOVO: UN AGASALLO DE LUXO

"UN UNIVERSO NOVO PARA ALIMENTAR AS NOSAS INTELIXENCIAS, OS NOSOS SOÑOS E O NOSO FUTURO"

A escritora Olga Novo encheu os corazóns dos presentes cun texto fermosisímo que queremos compartir. Un agasallo moi especial que pasará a formar parte do "novo tesouro do colexio", a biblioteca

http://gl.wikipedia.org/wiki/Olga_Novo

Foto de Alberto López "La Voz de Galicia "



sábado, 2 de xuño de 2012

UN DÍA INESQUECIBLE DE 

 MOITA EMOCIÓN,

MOITA SATISFACCIÓN 

E MOITOS AGRADECEMENTOS


 INAUGURAMOS A NOSA  NOVA BIBLIOTECA “GÁNDARA LEMOS" con grande exito. Tivemos moitas invitadas e invitados que nos alegraron o día con noraboas e felicitacións. A destacar as palabras de Pilar Sampedro (asesora de Bibliotecas Escolares),  inspector , concellala de cultura, delegada territorial e a escritora Olga Novo.
O máis gratificante conseguir xuntar representación de todos os centros públicos e concertados, asociacións culturais, musicais, de libreiros , bibliotecarias ... recoñecendo a implicación que o noso colexio (  persoal non docente , docente, anpa, clubs de lectura alumnado "biblioaxudante"... ) ten coa biblioteca.

        Tratábase de


1.  Agradecer a quen fixo posible este novo espazo : Asesoría de bibliotecas escolares, autoridades e comunidade educativa.


2.   Dar a coñecer a biblioteca e  afianzar a colaboración  con outros axentes socioculturais da comarca especialmente coas bibliotecas escolares e municipais  de Monforte e concellos limítrofes.

E conseguiuse.

MOITAS GRAZAS ÁS PERSOAS ASISTENTES


Estas son algunhas das fotos e informacións que apareceron na prensa.  
En próximos días publicaremos máis información desta data tan sinalada

Foto de Alberto López "La voz de Galicia"


Foto de Alberto López "La voz de Galicia"

Foto de T. Parga " El progreso"

Así saímos na prensa