Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións

xoves, 24 de xaneiro de 2019

Gañadores do certame de poesía de Nadal da Biblioteca Municipal

Hugo Coutado de 2º, Sara e Mathías de 3º, Lucía e Alejandro de 6º A resultaron gañadores no Certame de poesía de Nadal da Biblioteca Municipal e acudiron hoxe a recoller os seus agasallos. Agora participarán no Certame Provincial, NORABOA



luns, 5 de febreiro de 2018

Certame de poesía de Nadal do Concello de Monforte



Nahum, Sara, Nerea e Valentina acudiron á biblioteca municipal para recoller os seus diplomas e agasallos por resultar gañadores no Certame de Poesía de Nadal organizado polo Concello de Monforte de Lemos.





xoves, 9 de marzo de 2017

xoves, 25 de febreiro de 2016

DIEGO DE 1º RECIBIU O PREMIO DE POESÍA EN LUGO

Recortes de prensa (La voz de Galicia e El Progreso ) coa información.


Esteé o poema de Diego que xa levara premio na biblioteca do colexio, do concello e agora a da provincia.

luns, 22 de febreiro de 2016

CONCURSO: ROSALÍA SEMPRE VIVA




Neste vídeo vemos os finalistas da 1ª fase do concurso (no noso colexio)  convocado pola Casa-Museo Manuel María. Este concurso ten como finalidade a potenciación da expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e recitado da obra de Rosalía de Castro e de Manuel María, para celebrarmos así o aniversario da nosa escritora máis universal.
 O concurso consistiu no recitado dun único poema por  participante escollido libremente entre a obra en galego dos dous autores.


 A fase final celebrarase na Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei – Lugo) o sábado 27 de febreiro e incluirase dentro dun conxunto de actividades sobre Rosalía (audiovisuais, exposición...) coincidindo co aniversario da escritora. 

 Irán a fase final representando á Gándara:


  •      Valentina e Lola, categoría 1 
  •      Paula e Abel, categoría 2 

domingo, 14 de febreiro de 2016

TRES POEMAS DE AMOR DE MANUEL MARÍA RECOLLIDOS NO LIBRO " CANCIONEIRO DE MONFORTE DE LEMOS"


A vida non ten senso sen amor
a vida non vale nada sen tenrura
...

En Monforte amiga miña
agromou o noso amor.
E foi semente e espiga
de desmedido grandor
...

Amo esta terra cruzada
 polo Cabe, melro máxico,
canción que aquece
e enche o corazón.
...








xoves, 28 de xaneiro de 2016

Gañadores Certame de Poesía de Nadal da Biblioteca Municipal Lois Pereiro

Diego, Abel, e Luzía recibiron diploma e libros de agasallo no acto que tivo lugar na Biblioteca  Lois Pereiro e  na que estiveron presentes o alcalde, concelleira de Cultura e bibliotecaria. Máis información AQUÍ.








xoves, 14 de xaneiro de 2016

ENTREGA DE PREMIOS DOS CERTAMES DE POESÍA E TARXETA DE NADAL.

 Papá Noel quedou moi gratamente sorprendido da calidade e beleza dos traballos deste ano. El foi o invitado ao acto de entrega.
Os premiados de Infantil ,1º e 2º


Gañadoras e gañadores de 3º, 4º, 5º e 6º


Nenas e nenos de Infantil  entregaron as súas cartas a Papá Noel. El ,que ese día levaba gafas de sol, repartiu doces a todos os presentes.




mércores, 13 de maio de 2015

POESÍA E MUSICA CON HÉCTOR LORENZO

O músico e compositor Héctor Lorenzo estivo con nós presentándonos as súas cancións cheas de poesía. Foi un espectáculo participativo e que nos deixou con ganas de coñecer o  seu próximo libro-disco que pronto será publicado.






luns, 23 de febreiro de 2015

UN LIBRO E UNHA FLOR NO DÍA DE ROSALÍA.Documentais, noticias e máis recursos



A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propón dende hai anos que  o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora Rosalía de Castro agasallemos cun  libro en galego e unha flor. e que baixo o lema "Eu son Rosalía" realicemos actividades encamiñadas a coñecer a diversidade temática da  sua obra. Nós aceptamos a proposta e..

Todas as aulas recibimos unha flor e un libro de Rosalia da biblioteca.
En todas as aulas aprendemos e recitamos diante dos nosos compañeiros e compañeiras .
E... todas as persoas deste colexio descubrimos que ...  
“Eu son Rosalía porque/cando/para…” 
Para informarnos este curso na biblioteca seleccionamos
POEMA DE ROSALÍA "NASÍN CANDO AS PRANTAS NASEN..."   


LIM DE ROSLÍA DE CASTRO,


 Este  precioso e interesante  material que descubrimos navegando pola rede está realizado pola mestra de Infantil Julia Pérez e da a coñecer os traballos dela e do seu alumnado  no blog    http://colepeques.blogspot.com.es/
Felicitamos e agradecemos dende esta páxina.


 Outro lim da  http://bibliotecadeaguinho.blogspot.com.es/2013/04/parece-unha-rosa.html

Lembrades o PREZI, as cancións, o video dos adultos do colexio...Xa levamos moitos anos celebrando esta data. Facendo clic na etiqueta Rosalía, ao final da páxina podemos recordar.

Como este ano estamos tan cinematográficos vamos aproveitar para recomendarvos un DOCUMENTAL DE RTVE :     "ROSALÍA DE CASTRO, FEMINISTA EN LA SOMBRA"

Por último esta noticia aparecida na TVG


E é que a nosa Rosalia de Casto é mundial.

mércores, 28 de xaneiro de 2015

NORABOA PARA OS PREMIADOS NA BIBLOTECA PÚBLICA MUNICIPAL.


A maioría dos premios do certame municipal de poesía de Nadal foi para o noso alumnado.


Heidi, Arturo, Lucía, Isis e Talía posan coa concelleira e o resto dos premiados.

Mais información AQUÍ

venres, 16 de xaneiro de 2015

PREMIOS DOS CERTAMES DE POESÍAS E TARXETAS DE NADAL.

Na Biblioteca Gándara Lemos fixose entrega dos premios dos Certames de Poesía e Tarxetas"Nadal 2014"  A participación foi moi numerosa, mellorando a calidade de cursos pasados. Este ano foi o mesmo Papá Noel o que realizou a entrega dos diplomas e agasallos para os máis pequenos.


  Os premios nas catro categorías:   
                                                                      
CATEGORÍA A -->Infantil   

  -          

 CATEGORÍA  B --> 1º ciclo
   
CATEGORÍA C-->2ºciclo 


                      


                                                   






CATEGORÍA  D-->3º ciclo