luns, 25 de novembro de 2019

Día Internacional contra a Violencia de Xénero


Hoxe é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e os alumnos e alumnas de 6º de primaria fomos á concentración celebrada fronte ao concello, onde houbo diferentes actos.

Por un lado, escoitamos nas voces dos alumnos e alumnas do Río Cabe unha versión da canción "Bella Ciao".
A continuación fixemos unha cadea humana ao redor das dúas beiras do río Cabe, unindo a ponte vella e a nova. Ao mesmo tempo, dous piragüistas do "Club Quixós" desprazaron entre as dúas pontes unhas letras brancas onde se lía MONFORTE EN NEGRO.

Día Universal dos Dereitos da Infancia.

O día 20 de novembro no noso cole celebramos o Día Universal dos Dereitos da Infancia. 

O alumnado de 6º de infantil (5 anos) cantáronnos unha canción e seguidamente os nenos nombraron  dez dereitos fundamentais da infancia.





Magosto 2019

O martes 19, celebramos no cole o MAGOSTO, que este ano polo tempo non puido ser no patio do cole. Aínda así o tempo non foi capaz de que deixáramos de pasalo xenial!!!
Primeiro os nenos de infantil fixemos xogos tradicionais no pavillón. Que ben o pasamos!!
 E pola tarde tocounos aos maiores que xogamos por quendas a seis xogos tradicionais:

A CORDA
O PANO
OS AROS MUSICAIS

O BRILÉ


O TIRASOGA
O TÚNEL POR RELEVOS
E despois de tanto xogar e pasalo super ben, chegou a hora de desfrutar dun chocolate quente boísimo con biscoitos e castañas.

Que rico estaba todo!!


mércores, 6 de novembro de 2019

Samaín 2019

A semana do Samaín, desfrutamos de varios contacontos e representacións teatrais no cole.
Os nenos e nenas de infantil puidemos desfrutar dunha representación do conto "Corre, Corre cabaciña", que nos fixeron os nenos e nenas de 1º A.
Tamén tivemos a sorte de escoitar feitizos para atraer a sorte grazas ao alumnado de A.L.
Por outro lado os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria desfrutamos dun Kamishibai do conto "Rato Pincho" que viñeron contarnos o alumnado de 6º.






Pero o mellor foi que todo isto aconteceu rodeados de magníficas decoracións que había por todo o cole, estaba todo moi bonito!!

Outro ano máis, tamén trouxemos as nosas cabazas decoradas!! Canta imaxinación que temos neste cole, eran todas moi orixinais!!

E sabedes o que??? No cole había un túnel do terror...

Pasámolo xenial!!!

xoves, 31 de outubro de 2019

Asasinato na Gándara!!

Tras celebrar o día das Bibliotecas o 24 de outubro, decidimos seguir festexando con máis actividades ao longo da semana.

Os alumnos de 3° e 4° tocounos resolver o misterio sobre o asasinato da señora Eliza. 

Para elo varios dos alumnos/as foron escollidos/as para facer de sospeitosos/as, mentres outros/as xogaron o papel de detectives. 

Despois da recollida de datos, cada equipo tiña que dar co asasino, e se acertaban ainda tiñan que seguir resolvendo enigmas, xeroglíficos e adiviñas para dar co código do baúl que contiña a arma homicida. 


Tarefa difícil resultou, pero finalmente un dos equipos conseguiu chegar ao final das probas.
Noraboa aos detectives!!

Aquí vos deixamos unhas fotos para que as desfrutedes en familia.






mércores, 30 de outubro de 2019

Presentación de Gandariña na aula de 4º de infantil

O 24 de outubro, que foi o día da biblioteca, veunos visitar a aula de 4º de infantil (3 anos) a mascota da nosa biblioteca. 


Chámase Gandariña e é unha personaxe ficticia cun rostro colorido. Veu en forma de careta xigante da man de dúas nenas maiores. 
Primeiro presentáronnola e contáronnos un fermoso conto.
Logo algúns de nós probamos a máscara.  




Gandariña, grazas por visitarnos!!

martes, 29 de outubro de 2019

O día da Biblioteca

O día 24 de outubro, celebramos no cole o día da Biblioteca.  Que ben o pasamos!!!

Primeiro presentáronnos á mascota da biblioteca.  Sabedes quen é? 

Claro que si, é Gandariña!!

Despois de coñecer a Gandariña ou de recordala, tivemos varios contacontos. 

Os nenos e nenas de infantil, escoitamos un poema moi fermoso titulado Lúa.


Por outro lado, os nenos de primaria vimos unha representación teatral que fixeron os nenos e nenas de varios cursos que estivo moi entretida.