Amosando publicacións coa etiqueta viaxe a través do tempo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta viaxe a través do tempo. Amosar todas as publicacións

venres, 15 de abril de 2016

ACHÉGASE O DÍA MUNDIAL DO LIBRO. ACTIVIDADES PROGRAMADAS.



"Un libro é un vínculo entre o pasado e o futuro. É unha ponte entre xeracións e entre culturas. É unha forza para crear e compartir a sabedoría e o coñecemento" 

AS ACTIVIDADES  PROGRAMADAS NO NOSO COLEXIO SON:



domingo, 6 de marzo de 2016

CHARLA HOMENAXE PARA O DÍA DA MULLER: MARGARITA RODRÍGUEZ OTERO

MARGARITA RODRÍGUEZ OTERO ten unha especial relación coa Gándara xa que os seus  tres netos e a súa neta foron alumnos do noso colexio. 

Xa que estamos na semana da prensa vennos moi ben lembrar as características dunha entrevista periodística ao mesmo tempo que nos documentamos sobre a nosa invitada. Recomendamos, pois  ler estas dúas entrevistas realizadas por dúas xornalistas monfortinas no ano 2.014 a Margarita.


domingo, 14 de febreiro de 2016

TRES POEMAS DE AMOR DE MANUEL MARÍA RECOLLIDOS NO LIBRO " CANCIONEIRO DE MONFORTE DE LEMOS"


A vida non ten senso sen amor
a vida non vale nada sen tenrura
...

En Monforte amiga miña
agromou o noso amor.
E foi semente e espiga
de desmedido grandor
...

Amo esta terra cruzada
 polo Cabe, melro máxico,
canción que aquece
e enche o corazón.
...








mércores, 10 de febreiro de 2016

UNHA VIAXE A TRAVÉS DO TEMPO COS COMPADRES E COMADRES

Seguindo a tradición do entroido en Monforte nas aulas do ceip A Gándara  elabóranse "bonecos" para o xoves de compadres e comadres. A temática deste ano: "A viaxe a través do tempo" e Mulleres que fixeron historia" Lembramos a historia da nosa cidade cos compadres Condes de lemos e comadres Inés de Castro. E para completar os poemas que MANUEL MARÍA lles adicou no libro "Cancioneiro de Monforte de Lemos"


"

Máis fotos e información na web do colexio e no facebook https://www.facebook.com/agandara.ceip/

xoves, 28 de xaneiro de 2016

Compadres e comadres na praza de España: conseguimos dous primeiros premios na categoría de colexios.

O compadre co que participamos o xoves 27 de xaneiro e co que conseguimos o primeiro premio era o personaxe protagonista da serie de televisión animada francesa Il etait une fois ...l´Homme  creada por Albert Barillé e  difundida   a partir de 1978. A serie adquiriu gran popularidade en España nos anos  80. Máis información aquí.  E se queredes ver o primeiro capítulo, nesta mesma páxina abaixo.

 A comadre coa que participamos o xoves 4 de febreiro e co que voltamos conseguir  o primeiro premio era a nosa Gandariña , a imaxe que aparece no noso blog e que nos identifica. Neste caso era GANDARIÑA NO ENTROIDO.



 Foi escollido este personaxe xa que ten relación co proxecto deste curso no colexio.












venres, 27 de novembro de 2015

CANTAPANDAS, XOGOS POPULARES E MAGOSTO NO OUTONO

Este curso na semana da tradición oral adicámonos a  aprender pandas. No día do magosto pasámolo moi ben cantando as formulas que  cada aula memorizou. Pronto poderemos disfrutar  do vídeo que se está a preparar e que ten por protagonistas os gañadores do concurso..



Nste libro podedes atopar todas as pandas.

MANUEL MARÍA : ROTEIRO LITERARIO E RECURSOS

 MANUEL MARÍA foi un gran escritor galego que viviu durante case 40 anos en Monforte de Lemos. Visitou en varias ocasións o colexio de A Gándara e aquí temos lido,cantado, recitado,bailado, representado.. varias das súas creacións literarias,  Morreu no ano 2.004. O
 académico  cumpriría o pasado 6 de outubro 86 anos. 

O PRÓXIMO ANO 2.016 SERÁ O ANO DE MANUEL MARÍA XA QUE SERÁ O AUTOR A 

QUEN SE LLE ADICARÁ O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.


Dende os equipos de Dinamización da Lingua Galega e   Biblioteca pretendemos dar a coñecer e render homenaxe a este personaxe histórico da nosa localidade.


Para empezar damos conta de dúas ligazóns:

  http://www.casamuseomanuelmaria.gal/portada.htm  con moita información e recursos didácticos.


celebrado o   pasado 8 de novembro e organizado por  O colectivo de bibliotecas Lemos Le  e a Asociación Cultural de Sober.