mércores, 25 de marzo de 2015
xoves, 19 de marzo de 2015
Educación Vial na nosa biblioteca
Xa temos na nosa biblioteca os novos libros dos Bolechas de Educación Vial, así como novos xogos de ordenador sobre este tema
martes, 17 de marzo de 2015
OBRADOIRO MULLERES DE LEMOS: MARÍA CASTAÑA.
É unha actividade feita en colaboración co CIM (Centro de Información da Muller ) de Monforte e o colectivo “Lemos le”. Este obradoiro ten como obxectivo promover a igualdade entre mulleres e homes desde pequeniños , e a protagonista na edición do 2015 é MARÍA CASTAÑA.
O curso pasado adicaramos a nosa investigación a INÉS DE CASTRO e o resultado pódese ver no fermoso libro Inés de Castro, unha muller para o 8 de marzo do que temos varios exemplares na biblioteca. Estes días nas aulas e na Hora de ler é a lectura conxunta recomendada.
Podemos ver máis información na páxina web do concello Un obradoiro para que os e as escolares coñezan a María Castaña .
Lucía Núñez Álvarez, sicóloga do CIM ten preparado unha MOI INTERESANTE PRESENTACIÓN que nos lembra o por que do 8 de marzo e a historia de MARÍA CASTAÑA. Sabemos que Xosé do concello ten tamén colaborado nas investigacións para darnos a coñecer esta muller loitadora orixinaria da nosa comarca.
Premendo na imaxe tamen podes acceder á presentación.
xoves, 12 de marzo de 2015
Preparando a visita de Magín Blanco
Pronto recibiremos a visita do cantante e compositor Magín Blanco, pero mentres, esperámolo ensaiando algunha das súas cancións.
luns, 9 de marzo de 2015
Entroido 2015 CEIP A GÁNDARA
domingo, 8 de marzo de 2015
II CERTAME DE DIVULGACIÓN MULLERES DE LEMOS: María Castaña
Coincidindo co día da Muller, o colectivo Lemos Le do que forma parte a nosa biblioteca acaba de convocar o novo Certame de divulgación mulleres que este ano adicamos á María Castaña.
Para máis información sobre esta e outras actividades que este colectivo organiza visitade o seu novo blog http://lemosle.blogspot.com.es/
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)