luns, 30 de xuño de 2014

NÓS TAMÉN CREAMOS: NON QUERO SER UN POLBO. A CURTA DA GÁNDARA


Recoñeces as voces? Fixacheste en como está feito? Merece a pena disfrutar e non perder detalle desta fermosa historia.

A CURTAMETRAXE está baseada no Álbum de  Francesca Chessa  publicado por  OQO.  Non quero  ser un polbo  foi o libro elexido polo equipo de Educación Infantil para participar no concurso NÓS TAMÉN CREAMOS.


Nós tamén creamos! é unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQOeditora


Pódense ver máis curtas doutros colexios premendo aquí:



sábado, 28 de xuño de 2014

PREMIOS DA BIBLIOTECA

Os diplomas entregados foron:
Superleo para o máximo lector ou lectora da aula.
Fada Maxín para a mellor escritora ou escritor e con máis imaxinación.
Gandariña para as aulas máis investigadoras.

Houbo asímesmo entrega de agasallos para os libernautas e participantes do certame de fotografía.




Outros premios recibidos polo noso alumnado na biblioteca pública municipal e provincial 

Certame poesía nadal

Letras galegas narración e debuxo


A GAÑADORA DO 1º CERTAME DE FOTOGRAFÍA FAMILIAR

A foto gañadora do 1º certame de fotografía familiar que este curso tiña por lema: Quen cociña na túa casa? foi a realizada na casa de Antía de 3 anos. Ela tivo de premio un  precioso libro de cociña familiar, o cartel recordatorio e o caderno da biblio. O resto dos participantes, por ser o primeiro ano tamén recibiron un detalle. Grazas para todas as familias. O certame terá continuidade en futuros cursos. Lembramos que o xurado estivo formado polo equipo da biblioteca e equipo de biblioaxudantes non participantes. Todas as fotos pódense ver no vídeo.




I CERTAME DE FOTOGRAFÍA FAMILIAR BIBLIOTECA GÁNDARALEMOS on PhotoPeach 

domingo, 22 de xuño de 2014

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

As familias de A Gándara reciben estes días xunto coas notas o díptico  con algunhas recomendacións de lecturas para estas vacacións, realizado polo colectivo LEMOS LE, do que forma parte a nosa biblioteca.
Se queredes máis, consultade LECTURAS PARA O VERÁN 2014  das  BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA ou tamén http://redelectura.blogspot.com.es/


 FELICES LECTURAS !!!!





RESULTADOS DAS NOSAS INVESTIGACIÓNS: Quen cociña na túa casa? Cal é o teu menú favorito do comedor escolar?


                                      QUEN COCIÑA NA TÚA CASA?                           
                             Educación pola Igualdade. PDI: Cociñando e contando…contos
Coincidindo co día da muller e dentro das iniciativas   para unha educación pola igualdade entre homes e mulleres; envíamos ás casas unha enquisa coa que pretendiamos facer un estudo sobre os hábitos dasfamilias do noso alumnado con respecto a este traballo diario tradicionalmente realizado pola muller. As enquisas eran  anónimas. Neste traballo de investigación colaboraron os Equipos de Biblioaxudantes.
Pretendemos seguir con este tipo de traballos o próximo curso. Nos cursos de maiores houbo nun primeiro momento un certo rechazo á participación por pensar eles ou as súas familias que era entrar nun terreo privado. Pensamos que foi clarificado que era anónimo e que o obxectivo  destes traballos son: facer pensar e fomentar alumnado competente en diversa destrezas e formas de aprendizaxe.






Cal é o teu menu ideal?







Este é o menú que máis gusta no noso colexio.



venres, 20 de xuño de 2014

ÚLTIMA REUNIÓN CLUB DE LECTURA GANDULÉS

O alumnado de 5º e 6º reuniuse para comentar o libro Mil cousas poden pasar de Jacobo Fernández Serrano e intercambiar as súas opinións respecto ao libro, as aventuras da viaxe de regreso a Nil, de Lina e Pouco, así como as disparatadas situacións que viven as personaxes.




Recomendamos a lectura de ambos libros, os rapaces disfrutaron moito coa súa lectura.


Contamos coa visita do autor, Jacobo Fernández, e tivemos a sorte de que nos adicara o seu tempo para resolver a curiosidade dos nenos e nenas respecto aos libros. GRAZAS!




xoves, 19 de xuño de 2014

BIBLIOAXUDANTES. FESTA DE DESPEDIDA.

MERECIDOS AGASALLOS E DÚAS CONCELLEIRAS  INVITADAS SORPRESA. 

Remata o curso e  chega o momento das despedidas como a que se fixo o pasado día 5 de xuño na biblioteca coa xa clásica festa con torta, xeados e agasallos.

As cociñeiras, conserxe e coidadora recibiron un pequeniño regalo polo súa colaboración durante todo o curso. Berta, Manola, Luisa, Celia, Loli moitas grazas.

A concelleira de Cultura e membro do consello escolar, Pilar xunto  coa  nova concelleira de Educación e Xuventude, Rosana felicitáronnos polo noso traballo.

Este ano os agasallos para o equipo de biblioaxudantes consistiron nunhas bonitas camisetas doadas por Bibliotecas escolares de Galicia pola nosa participación como voluntariado lector, e uns lindos caderniños que regalou a Imprenta Fénix.

Máis información gráfica nos vídeos de abaixo. Unha bonita lembranza de algunha das actividades dos nosos biblioaxudantes durante  o curso.
                        

martes, 10 de xuño de 2014

UN PRECIOSO CONTO MEDIEVAL SOBRE INÉS DE CASTRO CON ILUSTRACIÓNS DAS NENAS E NENOS DOS COLEXIOS DA COMARCA.



Lembraredes que con motivo do último Día Internarcional da Muller, o Centro de Información á Muller e o colectivo Lemos Le organizaran un obradoiro en torno a Inés de Castro no que participou o alumnado de quinto de Primaria e usuarios das bibliotecas municipais da comarca. Pois xa temos o resultado. A súa publicación en papel está pendente da resolución da subvención da Secretaría Xeral de Igualdade. Esperemos que sexa pronto.
Unha actividade lúdica e didáctica para dar a coñecer e promover unha das figuras femininas relevantes das Terras de Lemos, aprender historia, valorar o propio e divertirse ao mesmo tempo.

O conto foi publicado na páxina web do concello e pode descargarse  AQUÍ .

Preme no recorte de prensa para ler a información.



luns, 2 de xuño de 2014

INACIO VILARIÑO

Tivemos o privilexio de recibir a INACIO VILARIÑO SANMARTÍN   na nosa biblioteca, contando, cantando, sorprendéndonos co seu bo facer. Achegounos ao conto popular e a tradición dos contos de Gianni Rodari . Grazas a Inacio e ao Consorcio Editorial Galego por traernos a este artista. Podedes saber  máis da súa obra se premedes aquí.