Amosando publicacións coa etiqueta lemos le. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lemos le. Amosar todas as publicacións

martes, 29 de marzo de 2016

O CONTO DE MARÍA CASTAÑA EN VÍDEO E NARRADO POLA XORNALISTA MANOLA PORTO

                                Este é o conto que elaborado polos nenos e nenas da Comarca de Lemos foi presentado publicamente o día da muller na Casa da Cultura de Monforte nun acto organizado polo CIM ao que acudiu o alumnado de 6º. Fomos agasallados con 15 exemplares que están sendo lidos estes días nas aulas. Agora tamén podemos disfrutar desta narración coa voz da xornalista da radio ONDA CERO de Monforte.
 

xoves, 17 de marzo de 2016

QUEN FOI LOLA DE PENELAS ?

Lola de Penelas foi unha oleira de Gundivós (Sober) que viviu no século XX. O colectivo Lemos Le, do que a nosa biblioteca forma parte, homenaxeará este ano a esta muller de Lemos con dúas principales actividades:
  •  OBRADOIRO MULLERES DE LEMOS para Educación Primaria e en colaboración co CIM
  • CERTAME DE DIVULGACIÓN MULLERES DE LEMOS no que se establecen dúas modalidades:

                  a. Banda deseñada para participantes de 12 a 18 anos
                  b. Traballo de divulgación en calquera xénero literario para participantes a partir de 18 anos.

Podemos ter máis información a través destes recortes de prensa ou en http://lemosle.blogspot.com.es/ 



luns, 21 de decembro de 2015

FELICES LECTURAS E FELICES FESTAS

Como todos os anos xa están editadas as recomendacións lectoras das bibliotecas Lemosle para este nadal e inverno. Son para todas as idades e foron elaboradas de xeito colaborativo polas bibliotecas escolares e  municipais integrantes do colectivo LEMOS LE. 
  Outras recomendacións que vos poden interesar, neste enlace    Lecturas para tempos fríos  das BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA.

xoves, 29 de outubro de 2015

ENTREGA DOS PREMIOS "MULLERES DE LEMOS" NO DÍA DA BIBLIOTECA: SARA E VÍCTOR (ANTIGUOS ALUMNOS DO NOSO COLEXIO ) GAÑADORES

Para conmemorar           o Día da Biblioteca  o Colectivo Lemos le organizou por terceiro ano  unha cea de persoas relacionadas coa cultura, a lectura e a educación




Alí estivo representada a nosa biblioteca. Foi na Pobra do Brollón pois como lembraredes María Castaña nacera nesa localidade.




A cea foi  no Restaurante As 
Viñas de A Pobra do Brollón.



Con este acto reivindicase a 
importancia do papel das 
Bibliotecas como difusoras de 
cultura, formadoras de lectores, 
lugar de encontro e centros de 
información e recursos.










  Durante o acto fíxose entrega dos premios do 

II CERTAME MULLERES DE LEMOSMARÍA 

CASTAÑA. UNHA MULLER PARA O 8 DE MARZO.



1º Premio divulgación: Xurxo Ayán que non puido asistir debido a un recente accidente,e recolleu o premio o seu tío Suso Cuarenta. Entregoullo o concelleiro de cultura e alcalde en funcións de Pobra do Brollón.

1º Premio banda deseñada: Sara Rodríguez Barrientos (IES Daviña Rey)
Entregoullo a concelleira de Cultura de Monforte de Lemos.
Accésit categoría banda deseñadaVíctor Domínguez Fernández (IES Daviña Rey) Entregoullo o alcalde de Sober


Proxectouse o conto María Castaña. Unha muller para o 8 de marzo, elaborado polo CIM a partir dos traballos feitos polos alumnos e alumnas dos centros de Educación de Primaria da Comarca; con voz en off da xornalista Manola Porto. 


  Tamén contamos nesta cea coa presenza de Xabier Quiroga, que nos agasallou coa lectura do seu texto: A miña biblioteca, a miña casa.
Pilar Sampedro, ata hai poucos días asesora de Bibliotecas Escolares de Galicia,  honrounos coa súa presenza. Felicitou ao colectivo polas actividades e animou aos presentes  a seguir con esta tarefa de  divulgación e fomento da lectura, educación na igualdade e traballo colaborativo



  Ao remate do acto foi presentada a III EDICIÓN DO CERTAME MULLERES DE LEMOS, adicado no próximo ano a Lola de Penelas, unha oleira da terra de Gundivós no concello de Sober.



As dúas impresionantes tartas da sobremesa











O traballo sobre María Castaña do historiador e gañador do certame Xurxo Ayán  ten moito interés e aporta novos datos sobre este personaxe. Pódese ver máis información no seguinte ARTIGO DE" LA VOZ DE GALICIA"

martes, 2 de xuño de 2015

RUTA LITERARIA LOIS PEREIRO E EXPOSICIÓN: 17 OLLADAS ÁS LETRAS E TERRAS DE LEMOS

 O pasado martes 29 de maio foi o día adicado por membros do colectivo Lemos Le (do que a nosa biblioteca forma parte)  a facer, coma todos os anos  a ruta literaria e gastronómica. A ruta partiu da  Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro tras realizar a visita guiada á interesantísima  Exposición 17 0lladas. Os participantes foron recorrendo lugares que marcaron as distintas etapas da vida do autor monfortino Lois Pereiro. Rematouse a actividade coa visita a algún dos bares participantes no certame Cume Tapas.
" A EXPOSICIÓN permite facer un percorrido literario pola Terra de Lemos dende a época medieval ata a actualidade a través do achegamento a dezasete escritores e escritoras vinculados á comarca de Lemos pola temática dalgúns dos seus textos ou as máis das veces por aspectos biográficos.
Deste modo a mostra permite achegarse a escritores da época medieval (Pero de Veer) dos Séculos Escuros (Bacharel Olea), do Rexurdimento (Manuel Yáñez González) e do século XX (Joaquín Arias Sanjurjo, Roberto Martínez Andrade, Antón Patiño Regueira, Maruxa Fernández, Manuel María, Lois Diéguez, Xosé Lois García, Lois Pereiro, Sabela Rodríguez Oxea, Xavier Quiroga e Olga Novo). Tamén se inclúen na exposición achegas a colectivos que recompilaron literatura popular como o caso dos Estraloxos de Vilar de Ortelle no Concello de Pantón ou o Trícole e O Colado do Vento no Concello de Sober.
A mostra en definitiva permite achegarse á literatura galega vinculada á Terra de Lemos dende a idade media ata a actualidade e coñecer a dezasete figuras relacionadas con ela, pero ao mesmo tempo tamén ofrece unha ollada xeral á literatura galega dende a idade media ata a a actualidade e a algúns feitos históricos relevantes en Galicia tamén dende o período medieval ata a actualidade.
Por outra parte o protagonismo da Terra de Lemos na exposición reflíctese nunha parte dos 33 paneis que a compoñen en que se fan olladas breves a aspectos xeográficos, históricos e patrimoniais dos seis concellos da comarca: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober, acompañadas de magníficas fotografías de Jesús Rodríguez Montero.
Os escritores, escritoras e colectivos aos que se achega a exposición están vinculados, aos seis concellos da comarca.
Os textos da mostra foron recompilados por X. Martinez quen agradece a colaboración do persoal da Área de Cultura do Concello de Monforte de Lemos, das Bibliotecas Muncipais dos concellos da Terra de Lemos e do colectivo Lemos Le."

O colectivo das bibliotecas manifestou un gran interés polos documentos expostos, destacando a información e recompilación de material que aporta; e tentará levar a cabo un labor de    difusión entre o alumnado e profesorado dos centros de ensino e   población en xeral.  


Recorte prensa " El Progreso"







venres, 29 de maio de 2015

VIVA O ESPECTÁCULO DE CREACIÓN PROPIA: TEATRO, KAMISHIBAI, CONTACONTOS,...

VIVA O ESPECTÁCULO     
  Semana do 18 ao 22 NA HORA DE LER


POLO ALUMNADO DE 4º
ALICIA CUMPRE 150 ANOS

O alumnado de 4º acércanos ao personaxe de Alicia e do seu autor a través de dous relatos






 POLO ALUMNADO DE 3º
UN CONTO DE GIANNI RODARI





  
KAMISHIBAI CLEOPATRA  DE 4º

Este kamishibai foi elaborado a partir dos textos e imaxes do alumnado de 3º do ceip Milladoiro de Malpica a quen dende aquí agradecemos.

KAMISHIBAI CONTÍN CONTÓN 
 DE atención educativa  4º 
Volvemos representar Contín Contón despois de dous anos.






 KAMISHIBAI Que che gustaría ser?
                        3 de 6º
Ceci, Candela e Hugo de 6º actuaron para os máis pequenos

MERCEDES CABO DE VILA 
CONTACONTOS
 

 TEATRO DE SARA RR  E 4º B:
Un grupo con retraso


O texto  e a dirección son obra de Sara Rodríguez Rodríguez (á dereita na imaxe)







KAMISHIBAI DE 2º B: 
A LENDA DE Mª CASTAÑA
A lenda de María Castaña é unha adaptción feita pola clase de2ºB. As ilustracións foron feitas polas nenas e nenos na aula e forma parte do proxecto Mulleres de Lemos deste curso.





A lenda gustou tanto a pequenos como a maiores.




 HANSEL E GRETELL
A casiña de chocolate foi presentada ao alumnado de 6º, xa que o ano pasado non tivera ocasión de vela.