sábado, 28 de marzo de 2020

Todo vai saír ben!

Durante estes días estivemos todos e todas na casa e convertémonos en grandes artístas. Quixemos dar ánimos cuns fermosos debuxos que enviamos ao cole onde o lema principal e... TODO VAI SAÍR BEN!!

Queremos animarvos a todos e todas con eles, para facer a estancia nas nosas casas máis fácil e para que se nos faga máis curta.

ÁNIMO, PRONTO NOS VOLVEREMOS A VER!!

 Borja e Rodrigo Cota Pérez


 Nerea e Tiago Vázquez Guerra

 Alma Fernández Codesido


 Elva Fernández Álvarez


 Naiara Pérez Guerra


 Anxo e Antón Feáns Vázquez


Jaime e Antón López García


Edgar Castro Rodríguez


 Alejandro e Carla Álvarez Sánchez


Amaya e Pablo Morillo Camino


Valeria de Vicente Rodríguez


 Manuel e Sara Quiroga


 Julia e Lola Pérez Pérez


Noa Armesto Rodríguez


 Anxo e Lois Fernández


Carla Hermida Rodríguez


Ainhoa Castro Expósito


Daniel y Luis López Rivera


Efrén Rodríguez Rodríguez


Gabriel Elidio Guitián


Erik e Iker Vilariño Pasín

mércores, 11 de marzo de 2020

COGAMI


COGAMI é a Confederación Galega de persoas con Discapacidade. O día 6 tivemos a sorte de recibilos no cole. Os nenos e nenas de segundo a sexto de primaria fixemos varias actividades con eles.

Por un lado, puidemos manipular material de apoio que elaboran eles mesmos, moitas veces cunha impresora 3D, para facilitar a vida diaria das persoas.



Tamén nos puxemos no lugar das persoas con discapacidade visual e motora.

E por último fixemos un xogo onde seguimos aprendendo acerca da vida diaria das persoas con discapacidade e a maneira máis axeitada de poder axudalas.

Día Internacional da Lingua Materna

O día 21 de febreiro celebrouse o Día Internacional da Lingua Materna. No cole o equipo da biblioteca elaborou un mapamundi onde se poden identificar os países de procedencia das familias do noso alumnado.


O mapa é interactivo, ten luces que se acenden ao facer unha combinación de cables na parte traseira. Esta parte foi levada a cabo polo alumnado de 6º de primaria coa axuda do profe Rubén.