martes, 28 de xuño de 2011

ENTREGA DE PREMIOS LETRAS GALEGAS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL


O alcalde entregou os premios polos debuxos e narracións que baixo o título "E MENTIRA" realizaron os estudantes de primaria e secundaria da cidade de Monforte de Lemos.

                              Os premiados do noso colexio coas súas familias e a directora

DIPLOMAS FADA MAXÍN

MÁIS PREMIOS NA BIBLIOTECA

 As escritoras e escritores con máis imaxinación de cada clase levaron diploma e mochila


                                                                         INFANTIL
                                                                        1º CICLO
                                                                        2º CICLO
                                                                          3ºCICLO
                                                    Nico recibiu o premio de Poesía de Nadal

DIPLOMAS SUPERLEO




O martes 21 entregáronse na biblioteca os diplomas SUPERLEO para as máximas lectoras e lectores de cada clase.

martes, 21 de xuño de 2011

TEATRO OS CATRO BANDIDOS

O martes nenas e nenos da aula BULEBULE de 2ºB representaron en tres pases a obra OS CATRO BANDIDOS, unha adaptación teatral do fantástico libro Os tres bandidos de TOMI UNGERER





CONTACONTOS



Edicións Xerais agasallounos cunha moi divertida sesión de contacontos para infantil e 1º ciclo.

xoves, 9 de xuño de 2011

Encontro con escritores amigos de Lois Pereiro


Un equipo de "biblioaxudantes" aproveitaron que amigos e familiares do poeta Lois Pereiro viñeron a Monforte co motivo do Día das Letras Galegas, para entrevistalos e ao mesmo tempo pedirlles unha adicatoria dos libros que deles temos na biblioteca.



mércores, 8 de xuño de 2011

SALVANDO LIBROS

Salvando libros foi unha iniciativa dun grupo de Bibliotecas escolares galegas. Tratábase de elexir un libro galego, dicir as razóns da elección e memorizar un fragmento. Salvaron libros as distintas clases, as mestras e mestres, cociñeiras, persoal do centro e tamén persoeiros  interesantes aos cales entrevistamos.

O resultado na Gándara  é o seguinte   ----------------


                          

Obras na biblioteca da Gándara

Aquí podedes ver o comezo das obras de mellora da nosa biblioteca:

e o remate das mesmas: