luns, 29 de abril de 2019

Rebumbio matemático

Un grupo de alumnos/as de 6º de primaria se desprazaron a Lugo o pasado venres 25 de abril para participar nunha nova edición do rebumbio matemático.  Tiveron que traballar en equipo e esforzarse a fondo para darlle solución aos problemas plantexados.


















mércores, 10 de abril de 2019

Visita do escritor Xose Lois García Fernández ao CEIP A Gándara

Onte recibimos na nosa biblioteca a visita do escritor galego Xose Lois García Fernández, que acudiu a noso centro a impartir unha charla para o alumnado de 6º de Primara sobre as Letras Galegas, Rosalía, Neira Vilas e Manuel María.

Xose Lois García naceu en Chantada en 1945, licenciouse en Historia Contemporánea na Universidade de Barcelona. Exerceu de profesor e actualmente é o director do Arquivo Histórico de Barcelona e responsable do Patrimonio Histórico do Ayuntamiento de San Andreu de la Barca (Barcelona).

Divulgador da cultura galega en Cataluña, conferencieante, articulista, crítico literario e de arte, a súa obra de ensaio está composta por oito libros de diferentes temáticas. É autor de quince libros de poesía, creador de literatura infantil e de teatro, especialista en literatura de expresión portuguesa en África (viaxou a este continente en varias ocasións) e autor de antoloxías poéticas de Portugal, Mozambique, Angola, Guinea-Bissau, Macao e Brasil. A súas publicacións sobre literatura e historia están recollidas en diversas publicacións.
En 2018 presentou o poemario "No soño dos ollos" e os libros de teatro "O proceso a Lucía Fidalgo" e "Auto do demo e da viñateira".