venres, 29 de novembro de 2013
xoves, 28 de novembro de 2013
domingo, 24 de novembro de 2013
MÁIS RECURSOS POLA IGUALDADE NO 25 N.
Queremos igualdade e que remate a violencia contra as mulleres.
Velaquí algunhas actividades e recursos desde as bibliotecas escolares galegas
Campaña da ONU: espazos seguros para mulleres e nenas.
Lembra estes libros
Tamén en vídeo
martes, 19 de novembro de 2013
EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE. 25 de novembro. PARAUGAS POLA IGUALDADE.
O Centro de Información á Muller (CIM) ten programado unha amplia Variedade de actos para conmemorar o día 25 de novembro .
Entre eses actos está o obradoiro PARAUGAS POLA IGUALDADE na que vén participando o alumnado de 5º do noso colexio.
Neste obradoiro, o alumnado deseñou e elaborou paraugas con slogans e debuxos relacionados coa temática da igualdade entre homes e mulleres e a non violencia contra as mulleres.
O martes 26 de novembro o alumnado de 5ºB en parellas e durante a HORA DE LER, presentará ante os compañeiras e compañeiros das distintas aulas de primaria un resumo da súa actividade e lerá un manifesto.
Recomendamos ao profesorado e alumnado que para lembrar esta data consulte neste mesmo blog as actividades desenvoltas en pasados cursos así como distintas suxerencias. Para iso lembrade que podedes facer clic na etiqueta 25 N que figura ao final desta páxina.
O sindicato steg tamén aporta unha chea de ideas PREME AQUÍ

Estes slogans e debuxos son o resultado dun traballo previo que se levou a cabo durante tres sesións, de 90 minutos cada unha, ó largo do primeiro trimestre do curso nos seis centros de ensino de Monforte. Durante ese tempo os rapaces e rapazas documentáronse sobre os contidos a tratar (estereotipos de xénero, desigualdades sociais, laborais, educativas, etc) e plasmaron nun paraugas o resultado das súas impresións e aprendizaxes dende unha perspectiva crítica.
Todo o alumnado que participou neste obradoiro asistirá ó acto conmemorativo do ´”Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero” que terá lugar o luns 25 de novembro, ás 12:00 h. na rúa Cardeal.
O martes 26 de novembro o alumnado de 5ºB en parellas e durante a HORA DE LER, presentará ante os compañeiras e compañeiros das distintas aulas de primaria un resumo da súa actividade e lerá un manifesto.
Recomendamos ao profesorado e alumnado que para lembrar esta data consulte neste mesmo blog as actividades desenvoltas en pasados cursos así como distintas suxerencias. Para iso lembrade que podedes facer clic na etiqueta 25 N que figura ao final desta páxina.
O sindicato steg tamén aporta unha chea de ideas PREME AQUÍ
domingo, 17 de novembro de 2013
LECTURAS CON CIENCIA
Universo Pitágoras de Rocío Leira Castro é un libro que se presenta (no prólogo) como enmeigado por un trasno matemático que o castiga porque a súa autora ten un erro á hora de facer unha complicada multiplicación. O maleficio consiste en desordenar os capítulos, de forma que será o propio lector o que ha de buscar a orde de lectura, en base á solución do xogo que lle propón a autora, ao final de cada capítulo. Polo tanto, debemos facer unha lectura activa. Un exemplo, despois de ler o primeiro capítulo, debemos acertar coa resposta á seguinte adiviña para saber por cal seguir:
"Un pan, outro pan.
Pan e medio e medio pan.
Cantos pans son?"
¡Está claro, non?
Vexamos outro, igual de doado:
"Que número ten tantas letras como o valor que el expresa?"
Non hai maneira de perderse, nin con trasno nen sen el.
De todas formas, esta non é a única relación coas matermáticas, Pitágoras e o seu universo está presente no argumento de cada un dos capítulos. De algo terá que servir que a súa autora sexa matemática...
O ilustrador, Xosé Tomás, enche de imaxes as páxinas, co estilo e o bo facer a que nos ten acostumados.
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares
luns, 11 de novembro de 2013
SEMANA DA LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL
SEMANA
DA LITERATURA DE
TRADICIÓN ORAL
CONTOS,
CANTOS, LENDAS, REGUEIFAS, REFRÁNS...
- Invitamos a familia ou veciños a vir á biblioteca ou gravarse.
- Cantareiras e cantareiros das aulas
- Investigamos e aprendemos:
ALIMENTOS
NA TRADICIÓN ORAL
novembro na biblioteca
NOVEMBRO 2013 NA BIBLIOTECA
Segunda semana
SEMANA DA LITERATURA DE TRADICIÓN
ORAL
CONTOS, CANTOS, LENDAS, REGUEIFAS,
REFRÁNS...
Terceira semana
SEMANA DA CIENCIA
Celebramos
o día da ciencia en galego
Lemos ciencia na
Biblioteca
20 DE NOVEMBRO
Día Internacional dos
dereitos de nenos e nenas
Lembramos
dereitos e deberes. Celebrámolo en decembro.
25 DE NOVEMBRO
Día Internacional
para a eliminación da violencia contra as mulleres
Paraugas
pola igualdade. Alumnado de 5º polas aulas. Entrevista
Consultemos
no blog da biblioteca as entradas doutros cursos coa etiqueta de cada
actividade.
domingo, 10 de novembro de 2013
xoves, 7 de novembro de 2013
martes, 5 de novembro de 2013
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)