Amosando publicacións coa etiqueta Certame mulleres de Lemos.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Certame mulleres de Lemos.. Amosar todas as publicacións

xoves, 9 de marzo de 2017

8M - Día Internacional da Muller

Onte mércores 8 de Marzo no CEIP A GÁNDARA conmemoramos o Día Internacional da Muller coas seguintes actividades: 
O alumnado de 6º de Primaria acudiu pola mañá á Casa da Cultura de Monforte de Lemos a visionar o conto multimedia sobre Lola de Penelas elaborado o curso pasado.




Repetindo a actividade que vemos desenvolvendo nos últimos anos, o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria recibiron na biblioteca do noso centro a visita de 4 mulleres profesionais da sanidade que nos contaron en que consiste o seu traballo. Lourdes , Luisa , Mª Carmen e Cristina contestaron todas as dúbidas que plantexaron os nosos alumnos/as máis pequenos/as sobre a súa labor profesional.









Pola tarde, a nutricionista Luisa deu unha charla sobre nutrición saudable aos alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria.















Tamén elaboramos unha exposión de Mulleres de Lemos sobre Inés de Castro, María Castaña e Lola de Penelas e diversos murais polo centro












xoves, 17 de marzo de 2016

QUEN FOI LOLA DE PENELAS ?

Lola de Penelas foi unha oleira de Gundivós (Sober) que viviu no século XX. O colectivo Lemos Le, do que a nosa biblioteca forma parte, homenaxeará este ano a esta muller de Lemos con dúas principales actividades:
  •  OBRADOIRO MULLERES DE LEMOS para Educación Primaria e en colaboración co CIM
  • CERTAME DE DIVULGACIÓN MULLERES DE LEMOS no que se establecen dúas modalidades:

                  a. Banda deseñada para participantes de 12 a 18 anos
                  b. Traballo de divulgación en calquera xénero literario para participantes a partir de 18 anos.

Podemos ter máis información a través destes recortes de prensa ou en http://lemosle.blogspot.com.es/ 



xoves, 29 de outubro de 2015

ENTREGA DOS PREMIOS "MULLERES DE LEMOS" NO DÍA DA BIBLIOTECA: SARA E VÍCTOR (ANTIGUOS ALUMNOS DO NOSO COLEXIO ) GAÑADORES

Para conmemorar           o Día da Biblioteca  o Colectivo Lemos le organizou por terceiro ano  unha cea de persoas relacionadas coa cultura, a lectura e a educación




Alí estivo representada a nosa biblioteca. Foi na Pobra do Brollón pois como lembraredes María Castaña nacera nesa localidade.




A cea foi  no Restaurante As 
Viñas de A Pobra do Brollón.



Con este acto reivindicase a 
importancia do papel das 
Bibliotecas como difusoras de 
cultura, formadoras de lectores, 
lugar de encontro e centros de 
información e recursos.










  Durante o acto fíxose entrega dos premios do 

II CERTAME MULLERES DE LEMOSMARÍA 

CASTAÑA. UNHA MULLER PARA O 8 DE MARZO.



1º Premio divulgación: Xurxo Ayán que non puido asistir debido a un recente accidente,e recolleu o premio o seu tío Suso Cuarenta. Entregoullo o concelleiro de cultura e alcalde en funcións de Pobra do Brollón.

1º Premio banda deseñada: Sara Rodríguez Barrientos (IES Daviña Rey)
Entregoullo a concelleira de Cultura de Monforte de Lemos.
Accésit categoría banda deseñadaVíctor Domínguez Fernández (IES Daviña Rey) Entregoullo o alcalde de Sober


Proxectouse o conto María Castaña. Unha muller para o 8 de marzo, elaborado polo CIM a partir dos traballos feitos polos alumnos e alumnas dos centros de Educación de Primaria da Comarca; con voz en off da xornalista Manola Porto. 


  Tamén contamos nesta cea coa presenza de Xabier Quiroga, que nos agasallou coa lectura do seu texto: A miña biblioteca, a miña casa.
Pilar Sampedro, ata hai poucos días asesora de Bibliotecas Escolares de Galicia,  honrounos coa súa presenza. Felicitou ao colectivo polas actividades e animou aos presentes  a seguir con esta tarefa de  divulgación e fomento da lectura, educación na igualdade e traballo colaborativo



  Ao remate do acto foi presentada a III EDICIÓN DO CERTAME MULLERES DE LEMOS, adicado no próximo ano a Lola de Penelas, unha oleira da terra de Gundivós no concello de Sober.



As dúas impresionantes tartas da sobremesa











O traballo sobre María Castaña do historiador e gañador do certame Xurxo Ayán  ten moito interés e aporta novos datos sobre este personaxe. Pódese ver máis información no seguinte ARTIGO DE" LA VOZ DE GALICIA"

martes, 10 de xuño de 2014

UN PRECIOSO CONTO MEDIEVAL SOBRE INÉS DE CASTRO CON ILUSTRACIÓNS DAS NENAS E NENOS DOS COLEXIOS DA COMARCA.



Lembraredes que con motivo do último Día Internarcional da Muller, o Centro de Información á Muller e o colectivo Lemos Le organizaran un obradoiro en torno a Inés de Castro no que participou o alumnado de quinto de Primaria e usuarios das bibliotecas municipais da comarca. Pois xa temos o resultado. A súa publicación en papel está pendente da resolución da subvención da Secretaría Xeral de Igualdade. Esperemos que sexa pronto.
Unha actividade lúdica e didáctica para dar a coñecer e promover unha das figuras femininas relevantes das Terras de Lemos, aprender historia, valorar o propio e divertirse ao mesmo tempo.

O conto foi publicado na páxina web do concello e pode descargarse  AQUÍ .

Preme no recorte de prensa para ler a información.



luns, 17 de marzo de 2014

Presentación de Inés de Castro do CIM de Monforte

Esta presentación pode axudarnos a comprender de forma moi clara e sinxela a vida de Inés de Castro e mulleres na súa época. Foi realizada por Lucía do Centro de Información da Muller e serviu como base para o traballo que están a realizar os estudiantes de 5º de primaria da comarca.

domingo, 16 de marzo de 2014

ACTIVIDADES ENTORNO AO DÍA DA MULLER: OBRADOIRO MULLERES DE LEMOS, EXPOSICIÓN, DIVULGACIÓN








Dentro da programación organizada pola concellería de Igualdade para conmemorar o “Día Internacional da Muller”, o CIM de Monforte, en colaboración co colectivo “Lemos le”, desenvolve o obradoiro “MULLERES DE LEMOS, INÉS DE CASTRO. Unha muller para o 8 de marzo” co obxectivo de promover a igualdade entre mulleres e homes desde  idades temperás. 

No noso colexio realizaronse dúas sesións en cada unha das clases de 5º .Felicitamos dende aquí a Lucía e demais traballadoras do Centro de Información da Muller polo magnífica presentación  que teñen feito sobre Inés de Castro. Pódese ver esta presentaciónnoutra entrada deste blog ou AQUÍ   
 Máis información aquí