Amosando publicacións coa etiqueta DINAMIZACIÓN LINGUA GALEGA b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DINAMIZACIÓN LINGUA GALEGA b>. Amosar todas as publicacións
martes, 2 de outubro de 2018
Mago Deimi: a maxia está nos libros
O xoves 27 de setembro o mago Deimi visitou a biblioteca de Monforte de Lemos para contarlles aos nenos e nenas que se atopaban na mesma que “A maxia está nos libros”. Durante 60 minutos realizou números de maxia que deixaron aos rapaces coa boca aberta. A actividade tivo música, humor, sorpresa e conectou cun público encantado de participar nos distintos números que lles propuxo o artista.
26 de setembro - Día Europeo das linguas
O pasado 26 de setembro celebramos o día das linguas. O alumnado atopou na entrada unha caixa onde depositaron mensaxes en galego explicando "por que falan" que posteriormente será traducidos a varios idiomas.
venres, 10 de xuño de 2016
mércores, 8 de xuño de 2016
venres, 27 de maio de 2016
mércores, 25 de maio de 2016
martes, 17 de maio de 2016
venres, 13 de maio de 2016
BIOGRAFÍA EN PICTOGRAMAS DE MANUEL MARÍA. LETRAS GALEGAS 2016
O autor homenaxeado é Manuel María é un escritor moi importante na nosa zona.
Aquí podedes ver a súa biografía con pictogramas, así tódolos nenos/as poderán coñecer os aspectos máis importantes de súa vida.
Aquí podedes ver a súa biografía con pictogramas, así tódolos nenos/as poderán coñecer os aspectos máis importantes de súa vida.
xoves, 12 de maio de 2016
luns, 9 de maio de 2016
CANTAMOS A MANUEL MARÍA
OUTRA MUSICAL LIGAZÓN CON POEMAS DE MANUEL MARÍA.http://msolbarreira.wix.com/cantamosamanuelmaria
Fixádevos no rap de Manuel María, Seguro que vos gustará!! A curtametraxe que tedes abaixo explica esta "aventura educativa" levada a cabo na aula de 4º do CEIP Antonio Fernández López de Oural, Sarria.
ACTIVIDADES SEMINARIO GALÁN PARA O ANO DE MANUEL MARÍA.
Para achegarnos á figura do autor homenaxeado o Día das Letras que, como sabedes, este ano é Manuel María, o profesorado do Seminario Galán elaborou unha chea de actividades orientadas ao alumnado de Educación Infantil e Primaria para realizar sobre papel impreso ou en liña. Premendo sobre a imaxe pódese acceder ás diferentes propostas con indicación do nivel para o que están adaptadas.
Ánimo... son moi interesantes!
domingo, 8 de maio de 2016
TELEXORNAL MANUEL MARÍA
Dices-Rois. Moitos parabéns para este traballo tan ben realizado!!... un
complemento imprescindible para axudar a entender a súa vida e obra ao
alumnado e profesorado.
venres, 6 de maio de 2016
CANTAPANDAS. XOGAMOS EN GALEGO
QUEN PANDA?
E unha mensaxe neste mes das Letras Galegas: USEMOS O NOSO IDIOMA, TAMÉN PARA XOGAR.
luns, 25 de abril de 2016
"O CHIFRE"
Outro dos actos organizados o pasado venres foi protagonizado polo grupo de teatro, que representou a obra "O chifre" baseada nun poema de Manuel María, autor a quen se lle adica o Día das Letras Galegas deste ano. A obra será estreada para o público en xeral o próximo vernes 29 de Abril na Casa da Cultura Lois Pereiro.
Aquí podedes ver un adianto.
Aquí podedes ver un adianto.
venres, 22 de abril de 2016
Enchemos o patio de "madriñas e padriños de lectura" no Día Mundial Do Libro
A gran festa da lectura que levamos anos facendo nesta data, resultou coma sempre unha tenra, emotiva e educativa actividade. Só hai que mirar as expresións dos rostros de afilladas e afillados ante os seus padriños lectores.
PARABENS PARA TODOS!!! E... FELIZ DÍA DO LIBRO!!!
OS LIBROS SON PARA VALENTES
Texto agasallo do escritor Pedro Feijoo para as bibliotecas escolares no día do libro.
Premendo na imaxe de abaixo podedes acceder a materiais e actividades das bibliotecas escolares.
venres, 15 de abril de 2016
ACHÉGASE O DÍA MUNDIAL DO LIBRO. ACTIVIDADES PROGRAMADAS.
martes, 12 de abril de 2016
CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA E ILUSTRACIÓN MESES DO LIBRO E LETRAS GALEGAS 2016
Como xa sabedes cada ano convocamos no mes de abril (o mes dos libros) o Certame de Creación Literaria e Ilustración Letras Galegas. Este ano vai de animais. Así que poñede a vosa imaxinación e bo facer a funcionar e preparade un bo conto con bonita ilustración. Continua lendo e observando para ter máis información e ideas.
![]() |
ESTE É O NOSO CARTEL CON ILUSTRACIÓN TOMADA DO CARTEL DO
|
A narración e a ilustración, xuntas ou por separado
tamén se poderán presentar ao CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL Letras Galegas 2016 da Biblioteca
Municipal e Provincial. Nese caso farase unha copia
que será a que quede no centro formando
parte dun libro colectivo por clase.
E se o que queremos é facer unha viaxe a través do tempo na nosa historia pois adiante! Aló cando os animais falaban...
![]() |
| Cartel da convocatoria das Bibliotecas Públicas |
![]() |
| MÁIS IDEAS PARA OS TRABALLOS |
![]() |
| LEDE BEN AS BASES |
![]() |
| CARTEL DO SALÓN DO LIBRO DA ILUSTRADORA María Álvarez "Yupiyeyo" |
venres, 8 de abril de 2016
O PAPAGAIO. Un xornal escolar mensual
O PAPAGAIO. Un xornal escolar mensual, nace co obxectivo de achegar aos nenos e nenas de todo o país toda esa información que adoitan ver e escoitar decotío, pero dun xeito máis apropiado ás súas idades e ás súas inquedanzas, nun formato novidoso como é un xornal.
Este proxecto vén da man do Estudio Carreiro e o seu selo Edicións MOITO CONTO, onde, á parte do traballo de Pepe e Abraham Carreiro, tamén atopamos destacados colaboradores que se encargan das diferentes seccións.
Xa está dispoñible o número 0, totalmente de balde, que podedes visualizar na seguinte ligazón:
http://www.flipsnack.com/opapagaio/o-papagaio.html
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





























