luns, 3 de decembro de 2018

Xogo de Pillabáns

O alumnado de 6º de Primaria acudiu ao Edificio Multiusos de Monforte de Lemos para presenciar a representación músico teatral "Xogo de Pillabáns"

25N Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O pasado venres 31 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a violencia de Xénero. O alumnado de 1º 2º e 6º nos deleitaron cunha canción interpretada á zanfona pola profe Cris, mentres que o alumnado de 3º e 4º de Primaria interpretou versos rapeados na que nos deron a coñecer un montón de mulleres ilustres. Que ben o pasamos!













luns, 5 de novembro de 2018

Samaín 2018

O pasado venres 2 de novembro celebramos o noso Samaín. Fixemos unha exposición de cabazas terroríficas e contamos contos a escuras na nosa nova biblioteca. O alumnado de 1º de Primaria representou unha obra teatral, os de 2º de Primaria deleitaron a todo o público coa canción "Brubribre, A bruxa Brita" o alumnado de 3º fixo adiviñas monstruosas, e os máis maiores bailaron a ritmo de Thriller... Pasámolo xenial









mércores, 24 de outubro de 2018

24 de Outubro - Día das bibliotecas


O 24 de outubro é unha data sinalada como Día da Biblioteca no Calendario do Libro e da Lectura que todos os anos vén publicando a Xunta de Galicia, e está salientado nas axendas de todos cantos traballan a prol das bibliotecas, o libro e a lectura, desde que hai máis de vinte anos a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil y Juvenil propuxera a celebración deste día. Na actualidade, o Ministerio de Cultura edita todos os anos uncartel conmemorativo e un pregón, e propón actividades para a súa celebración, entre outros, a través do Observatorio de la Lectura y el Libro.

No día de hoxe abriremos ao público a nosa nova biblioteca escolar, recentemente renovada para que todos aqueles que o desexen poidan vir a gozar da lectura nas novas de zonas de descanso.