mércores, 26 de febreiro de 2014
martes, 25 de febreiro de 2014
domingo, 23 de febreiro de 2014
24 de febreiro: Rosalía todo o día
Este ano o día de Rosalía de Castro ímolo adicar á divulgación do libro-disco da cantante Uxía Senlle: "Rosalía pequeniña" da Editorial Galaxia (colección Son árbore,2013 ) Está ilustrado por Marina Seoane.
"Maio longo", "Como chove miudiño", "Has de cantar", "Paseniño", "Miña santiña, miña santasa" ou "Alborada" son algúns dos poemas rosalianos que se recollen neste libro.e que serán recitados e cantados ao longo de todo o día na Biblioteca.
Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureria ou fada
.
Rosalía pequeniña para cantar, para rir, para gozar ou bailar
Como pensas ti que sería Rosalía hoxe, como a imaxinas?
Debuxa, le ,recita disfruta de Rosalía Pequeniña
ROSALÍA PEQUENIÑA
Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata
a pequena Rosalía
escribía na nosa fala.
A meniña silandeira
a da fala ben mainiña
pequeniña, pequeneira
unha meniña gaiteira.
Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.
A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.
Rosalía, Rosalía...
Rosalía pequeniña
vestida de moitas cores
que non canta nin ás pombas
nin ás delicadas flores.
Rosalía, nena india
poeta dos nosos días
que pos no sentir do pobo
badaladas de alegría.
Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.
A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.
Rosalía, Rosalía...
Rosalía, rosa, Rosalía
Rosalía, nosa rosa.
Ilustración de Marina Seoane |
sábado, 22 de febreiro de 2014
RECURSOS ELECTRÓNICOS AO SERVIZO DA FORMACIÓN DE LECTORES COMPETENTES
No blog da biblioteca do CPI Luís Díaz Moreno (Barralla, Lugo) atopamos un moi interesante recurso na sección titulada Recursos CDu, na que aparecen recollidos unha importante cantidade de espazos web e materiais, seleccionados e clasificados segundo os distintos apartados da CDU .
Se picas na ligazón recursos electrónicos cdu entras directamente no arquivo. Unha vez na páxina, elixe a materia que che interese.
Se picas na ligazón recursos electrónicos cdu entras directamente no arquivo. Unha vez na páxina, elixe a materia que che interese.
EMPEZA O ENTROIDO EN MONFORTE CO XOVES DE COMPADRES
A participación do noso colexio no certame do concello tivo moito éxito xa que levamos un 1º premio con "Ratatouille" e un accesit con "Reciclando e cociñando" competindo con barrios e colexios que tamén fixeron un gran traballo. Recomendamos visitar a páxina oficial do concello de Monforte para comprobalo. Os mestres Luis, Gonzalo e Óscar tiveron eran uns simpáticos "Tres porquiños"
MOITA MÁIS INFORMACIÓN NA PÁXINA WEB DO COLEXIO OU PREMENDO AQUÍ
SUPERLEO ESTIVO REPRESENTADO E MOSTRANDO UNHAS CANTAS "RECEITAS" SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE. |
Os compadres de 1º foron realizados nun obradoiro na biblioteca contando coa colaboración moi especial da nosa querida conserxe Celia e Loli a coidadora.
mércores, 19 de febreiro de 2014
BICA DE AMOR, A RECEITA DE BERTA
martes, 18 de febreiro de 2014
luns, 17 de febreiro de 2014
RECOMENDACIÓNS LECTORAS: libros de Carlos Frabetti
Se entras no enlace http://redelectura.blogspot.com.es/2014/01/libros-de-carlo-frabetti-en-version.html poderás atopar libros en formato dixital, interactivos e con audio para ler en pantalla con todas as posibilidades que esta ofrece. Pódense ler en castelán e en inglés.
venres, 14 de febreiro de 2014
Na radio
Carmen, Candela. Jorge e Laura xunto con Mercedes do noso cole estiveron na radio. Foron invitadas por María de Radio Principal Cadena SER e estiveron durante case media hora dando conta das actividades que se realizan no noso colexio e na biblioteca, especialmente o relacionado coa Historia de amor de Inés de Castro.
EN " La voz de Galicia" do 15 de febreiro. |
martes, 11 de febreiro de 2014
HISTORIA DE AMOR DE DONA INÉS
Se hai unha historia de amor apaixoante é a da dama monfortina Inés de Castro e o seu amado Pedro I de PortugaL, tamén coñecido como o Xusticieiro. É unha desas historias que ten todos os compoñentes
das traxedias clásicas porque hai obstáculos insuperables, familias que se opoñen, guerras,
mortes, enfermidades e vinganzas que impiden que os namorados poidan estar xuntos.
Por todas estas causas son considerados o Romeo e Julieta de Portugal.
A nós interésanos porque foi unha muller da nosa comarca moi recoñecida e admirada da cal nos debemos sentir orgullosos .
Seguiremos falando, lendo e investigando sobre Inés de Castro xa que é a muller á que se lle vai adicar este ano o día da muller traballadora na comarca, segundo a iniciativa do colectivo LEMOS LE (bibliotecas e librerías) xunto co CIM(Centro de Información da Muller)
domingo, 9 de febreiro de 2014
Karina de 3º a máxima lectora da temporada.
Parabens para Karina por ser a primeira en rematar a ficha de préstamo. As biblioaxudantes e bibliotecaria do martes fixéronlle entrega do pase ao liberespazo e dunha chapa. Agora terá que completar o pase se quere ser LIBERNAUTA.
Exposición de Star Wars. Unha iniciativa de Alejandro con moito éxito
martes, 4 de febreiro de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)