NESTES ÚLTIMOS DÍAS CONMEMORAMOS DIVERSAS DATAS QUE TEÑEN ENTRE SÍ ALGO EN COMÚN : DEREITOS E DEBERES DAS PERSOAS 20 DE NOVEMBRO DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
As tres aulas de 1º ciclo participaron no proxecto 2015 ideas para cambiar o mundo. Preme para ver as IDEAS A GÁNDARA
EXPOSICIÓN NO PATIO INTERIOR DO COLEXIO
3 DE DECEMBRO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
10 DE DECEMBRO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS
Os vídeos que nos serviron para os debates podedes velos aquí.
Tres mestras da comisión da biblioteca do noso colexio estivemos xunto a máis de mil profes aprendendo e compartindo experiencias sobre o tema LER PARA VER. Abordouse o referido á competencia en información dende a biblioteca escolar . No seguinte enlace pódese ter acceso aos MATERIAIS IV XORNADAS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA que esperemos axuden a todos os que considen interesante Educar para unha lectura comprensiva e crítica dos medios de comunicación social na actualidade
É o mes de novembro tempo da Literatura de Tradición Oral: contos,adiviñas ditos,refráns... Exercitamos a memoria e transmitimos o que aprendemos pola fala,recitando, cantando... Estes cursos viñamos facendo por estas datas o concurso de trabalingüeteiros e este ano decidómonos polo de adiviñanceiras e adiviñanceiros.
De cada clase sae un ou dous adiviñanceiros ( descubre a adiviña e memorízaa). Farase un vídeo cos resultados.
O pasado día 5 Anuncia contou un conto de medo a todo o alumnado de 1º ciclo. O conto é A casa da miña avoa e dende que ela o narrou caracterizada de bruxa e con moitos bonecos por ela fabricados este libro está tendo moito éxito.
A profe Anuncia que o pasado curso se xubilou, segue vindo ao cole este curso. Ela axuda a ler a nenas e nenos en pequenos grupos todos os luns e xoves na biblioteca.
Moitas, variadas, divertidas e interesantes actividades no día do Samaín. Houbo un traballo nas distintas aulas durante os días previos que deu como resultado un lucido expectáculo do que todos puidemos disfrutar.
Exposición de cabazas decoradas
Teatro 2º BAILE NO CASTELO
Estes foron os protagonistas
Alumnado de 2ºA
e 2º B
Bruxas e bibliotecarias
Vampiros
Monstros
Fantasmas
Vídeo coa representación
CANCIÓN DOS ESQUELETES
Vídeo coa versión galega da Canción dos Esqueletes interpretada pola totalidade do alumnado de Infantil.