Amosando publicacións coa etiqueta dia da biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dia da biblioteca. Amosar todas as publicacións

martes, 24 de outubro de 2017

Hipatia de Alexandría no 24-0

Para conmemorar o Día Da Biblioteca o alumando de 5º explicounos a historia de Hipatia e da Biblioteca de Alejandría.

Hipatia naceu en Alexandría a mediados do século IV, algunhas referencias din no 370 e outras no 355. O seu pai, Teón de Alexandría, era un famoso matemático e astrónomo, moi apreciado, que parece que traballaba e daba clases na biblioteca, (a que substituíu á lendaria Biblioteca de Alexandría que desaparecera no incendio do 48 a.C. Teón foi un sabio que non gardou os coñecementos para si e os seus discípulos, integrando a súa propia filla (caso insólito no século IV).

Hipatia era unha muller aberta ao saber a quen se lle transmitiu a paixón da investigación, educándose ademais nun ambiente académico culto. Hai historiadores que din que a filla sobrepasou o pai, de xeito que escritos atribuídos a Teón sono en realidade de Hipatia.
Na figura de Hipatia está inspirada a película de Alejandro Amenabar ÁGORA







xoves, 5 de novembro de 2015

ADULTOS NA BIBLIOTECA: CLUB DE LECTURA, PLAN ANUAL E AGASALLOS NO DÍA DA BIBLIOTECA




O LIBRO QUE LEREMOS AS PERSOAS INTERESADAS EN PERTENCER O CLUB ESTE CURSO  FOI CEDIDO POLA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE SOBER.PREMEDE NO LIBRO SE QUEREDES MÁIS INFORMACIÓN

venres, 23 de outubro de 2015

DÍA DA BIBLIOTECA

PRESENTACIÓN DA GUÍA DE USUARIOS E AGASALLO DE MARCAPÁXINAS CO TEXTO DE OLGA NOVO
 
                                                                       MINICONCERTO INSTRUMENTAL                                                                                             


 
BIBLIOAXUDANTES POLAS AULAS




TODO O ALUMNADO DO COLEXIO ESTIVO HOXE NA BIBLIOTECA E LEVOU O SEU AGASALLO.

UNIVERSO DE LIBROS, UNIVERSO DE VACAS. UN TEXTO DE OLGA NOVO PARA O DÍA DA BIBLIOTECA

Olga Novo foi a invitada especial na inauguracción da nosa nova biblioteca no ano 2.012
  
A escritora Olga_Novo, madriña da nosa biblioteca agasállonos no día das bibliotecas e a traves do   Colectivo Lemosle con este marabilloso e entrañable texto: 


  "O célebre escritor arxentino Jorge Luis Borges imaxinou o Universo baixo a forma dunha biblioteca. E soñou tamén cun libro de area que non tiña fin. Eu sempre soñei coa inmensa bibioteca de Alexandría que chegou a conter milleiros de papiros que tiñan, enroledado, todo o saber da Antigüidade.
    
    Pero o meu universo da infancia non tiña libros. O meu universo da infancia tiña vacas. Tamén ovellas, coellos, cans... pero sobre todo vacas. O meu cuarto estaba xusto enriba da corte e escoitaba nas frías noites do inverno, tapada ata os olliños, o son das cadeas ás que estaban presas as vacas e oía os seus bufidos, a súa respiración e as queixas daquelas que estaban a piques de parir.

   Adormecía co seu alento e espertaba tamén co muar madrugador dalgunha delas que xa pedía que a munguiran. O caso é que aquel meu cuarto, xa na mocidade, empezou a albergar algúns libros, exemplares de poesía, libros de historia, manuais de feminismo, biografías, novelas de Tolstoi e Flaubert, humildes edicións baratas dos clásicos, libros mercados cos aforriños e libros regalados con xenerosidade, xoia do ouro do pracer máis prezado; e a inmensa biblioteca entraba no meu cuaro polos soños. Eu acariñaba aqueles libros coma se fosen xentes queridas e debruzada na madrugada sobre as súas páxinas viaxei polo mundo sen saír da pequena aldea, do pequeno cuarto, da pequena cama desde onde oía respirar ás vacas.

   E así foi como aqueles libros do meu cuarto recibiron o profundo perfume das vacas que vivían xusto debaixo e o tecido de papel impregnouse para sempre daquel olor. Aqueles libros viaxaron en maletas a Santiago, á Coruña e mesmo algúns deles viñeron canda min vivir sete anos na Bretaña. Mais ningunha viaxe, ningún lugar, foi capaz de lle arrebatar o perfume: nin o mar da Coruña nin a marusía bretoa se impuxeron ao olor da herba e do alento das vacas.

    Por iso o meu universo de libros foi e será sempre un universo de vacas: a alta cultura leva para min o perfume labrego, o olor potente e profundo da máis fonda sabiduría do pobo".
Olga Novo


luns, 19 de outubro de 2015

OUTUBRO, MES DAS BIBLIOTECAS

REUNIÓN DOS NOVOS BIBLIOAXUDANTES  DESTE CURSO


                                                                  

Pregón e cartel do día da biblioteca 2.015

Día da Biblioteca 2015 pregón e  cartel


Por iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, desde 1997, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, cada 24 de outubro  celébrase o Día da Biblioteca, co obxetivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor dos biblitoecarios/as.
Cada ano encárgase a un escritor e a un ilustrador a redacción do pregón e o deseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España. Este ano los seleccionados son o escritor Diego Arboleda, Premio Nacional de Literatura Infantil 2014, e a ilustradora Leticia Ruifernández.
Reproducimos a continuación o cartel  e o texto do pregón:

Día de la Biblioteca 2015 (Diego Arboleda y Leticia Ruifernández)


«Con motivo del Día de la Biblioteca, quiero compartir con vosotros un secreto: el Conejo Blanco casi siempre tiene prisa.

Quizá algunos penséis que esto no tiene mucho que ver con las bibliotecas y que, además, como secreto, deja bastante que desear.

Alicia en el País de las Maravillas se publicó hace 150 años, y desde entonces los lectores de todo el mundo han sabido que el conejo llega tarde, demasiado tarde, y por tanto tiene prisa.

Reconoceréis, eso sí, que no es un conejo cualquiera. Que sepamos, este es el único conejo que usa chaleco y reloj de bolsillo, lo cual plantea una incógnita: si tiene reloj, ¿por qué siempre llega tarde? ¿Quién es culpable de la tardanza? ¿El conejo o su reloj? Los expertos no se han puesto de acuerdo sobre este punto, que ha provocado graves discusiones entre veterinarios y relojeros. Y si se alude al chaleco, es aún peor. Solo hay una cosa más peligrosa que una discusión entre un veterinario y un relojero, y es una discusión entre un veterinario, un relojero y un sastre. Es mencionar el asunto y se desenvainan todo tipo de agujas (hipodérmicas, de coser y de reloj).

Así que mejor volvamos al secreto. El Conejo Blanco casi siempre tiene prisa. Corre porque tiene miedo de que la Duquesa y, sobre todo, la Reina de Corazones ordenen que le corten la cabeza. Pero vosotros, que aún conserváis la vuestra, concentraos en ese casi. Es la clave, el secreto mejor guardado del País de las Maravillas.

Casi siempre. ¿Cuándo no tiene prisa el Conejo Blanco? Solo cuando visita un pequeño edificio escondido tras los árboles del bosque: la biblioteca.
El conejo se toma su tiempo para curiosear entre las abarrotadas estanterías.Tiene un libro en mente pero, cuando se acerca a cogerlo, no puede evitar fijarse en el tomo que lo precede, y en el de más allá (y, como ya sabéis, en una biblioteca, el libro de más allá es al mismo tiempo el libro de más acá de otro libro que está a su lado…). Demasiadas opciones. Lleva tiempo elegir un libro. El conejo sabe que se encuentra en el hogar de la lectura, y la lectura es un placer que se disfruta sin prisa.

Aunque nadie haya mencionado antes esta biblioteca secreta, no lo dudéis, hay una en ese extraño mundo que visitó Alicia. No puede ser de otra forma. Pues a pesar de contar con el Sombrerero Loco, el Gato de Cheshire y la Oruga Azul, a pesar de todos los animales fantásticos y las extraordinarias cosas que allí suceden, todo eso no es suficiente para ganarse el nombre que ese mundo tiene. Un lugar nunca podría llamarse País de las Maravillas si entre sus maravillas no se contara una biblioteca».

Diego Arboleda



fontes de información: amigosdel libro      blog anaya infantil y juvenil   

sábado, 1 de novembro de 2014

CONSTITUIDO O CLUB DE LECTURA DE ADULTOS DESTE CURSO E RECOÑECEMENTO PARA BENI.







BENI, MESTRA RECIEN XUBILADA E EXMEMBRO DO EQUIPO DA BIBLIOTECA FOI A PROTAGONISTA. RECIBIU UN   LIBRO DE AGASALLO. SEGUIRÁ FORMANDO PARTE DO CLUB DE LECTURA E COLABORANDO COA BIBLIOTECA.