xoves, 29 de decembro de 2011

NADAL CON MÚSICA. Na casa da miña avoa

Felicitación de Nadal das nenas e nenos de 1º.
Tarxetas e xogos realizados polas nenas e nenos de 1º do colexio A Gándara a partir do poema de Gloria M. Roel Na casa da miña avoa cantado por ela mesma que é a vocalista do grupo  MAMÁ CABRA.
ADICADO A TODAS AS AVOAS QUE SEGURO QUE LLES GUSTA E O MERECEN

martes, 27 de decembro de 2011

CLUBS DE LECTURA

O próximo libro que leremos no club das familias será Viaxe ás terras encantadas de Lemos do escritor monfortino Lois Diéguez.




Última reunión do club das familias


Os profes decidimos ler Maldito Karma de David Safier
 

Última reunión do club de mestras e mestres


A biblioteca de Sober como xa ten feito noutras ocasións  é a que nos facilita os libros.
Memorias dun neno labrego foi o libro lido e comentado nas dúas reunións que días pasados celebraron os nosos  clubs de lectura.

domingo, 25 de decembro de 2011

TARXETAS DE NADAL MUSICAIS

ENTREGA DE PREMIOS AOS FINALISTAS
As tarxetas de cada curso estaban inspiradas nunha  panxoliña ou poema de nadal.
INFANTIL

1º CICLO

2º CICLO

3º CICLO


De entre todas as postais, un xurado formado por todo o profesorado e a gañadora do curso pasado, elexirase o debuxo que irá na tarxeta de felicitación do próximo nadal.

MELLORES EN RECITADO DE TRABALINGUAS




PREMIOS NA BIBLIOTECA

DIPLOMAS E AGASALLOS DO CERTAME DE POESÍA DE NADAL
INFANTIL

1º CICLO

2º CICLO

3º CICLO
De entre todas as poesías, un xurado formado por todo o profesorado e o gañador do curso pasado, elexirase o poema que irá na tarxeta de felicitación do próximo nadal.

luns, 19 de decembro de 2011

ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

 Algunhas recomendacións de lectura para este tempo de nadal que fan as nosas profes:

Disco-libro

Dúas noveliñas de misterio de Fina Casalderrey para lectores expertos ( 3º ciclo)
O misterio dos fillos de Lúa

Un misterio na mochila de Alba


Un libro informativo

Autor: EVANS, DAVID/WILLIAMS, CLAUDETTE

Molino
Para pensar: 

Fálame de Marco Berrettoni Carrara con ilustracións de Chiara Carrer é a historia dun neno que tenta comprender á súa irmá autista, e que chega á conclusión de que tod@s somos diferentes, e aí reside o valor do mundo

Para os máis pequenos
Para os máis pequenos



José A. Ramírez Lozano
Madrid, Anaya, 2010, 55 págs
Ilustraciones de Marta Fernández Balmaseda

a partir de seis anos un libro repleto de imaxinación


Tradición oral

 Unha fermosa historia basada nun feito real. É a historia de Wangari Maatahi que recibiu o premio Nóbel no ano 2004 pola súa contribución á paz no mundo e que morreu o pasado mes de setembro.


Gloria Sánchez: Rimas con letra
Ilustraciones de Mª Fe Quesada
Un enlace  con moitas libros, música e agasallos recomendados polas bibliotecas escolares
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/412

luns, 12 de decembro de 2011

BUBISHER E 10 DE DECEMBRO DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

BUBISHER é unha rede de bibliobuses e bibliotecas para os nenos do Sáhara. O BUBISHER é un paxariño que adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quere dicir que medrará a herba. Por iso o seu nome significa “paxaro da boa sorte”.


Tamén é o nome dun proxecto entre un grupo de Bibliotecas Escolares de Ferrolterra con escolas dos campamentos de refuxiados saharauis, coordinado polo escritor Gonzalo Moure ao que se uniron case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas entre elas a nosa que escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para enviar como aves portadoras de boa sorte, como bubishers cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos.

Moita máis información no seguinte enlace.
http://osegrel.blogspot.com/2011/12/10-de-decembro-dia-dos-ddhh.html

xoves, 8 de decembro de 2011

BASES DO CERTAME DE POESÍA

Certame  Poesía Infantil Nadal 2011
A Biblioteca Gándara Lemos do colexio A Gándara convoca o Certame de Poesía Infantil "Nadal 2011", de acordo coas seguintes Bases:
1.    
Pode participar todo o alumnado con poemas sobre o tema xenérico de "O NADAL"
2.     Establécense catro categorías:                                                                              A -->Infantil         B --> 1º ciclo       C-->2ºciclo        D-->3º ciclo
3.     Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo un folio por unha sola cara. Serán descartados os traballos con fallos ortográficos, ilexibles ou deficiente  presentación.  Cada traballo, acompañarase dunha folla co nome e demais datos do autor ou autora.
4.     O prazo de presentación de traballos rematará o 20  de decembro de 2011 debendo ser entregados na BIBLIOTECA.
5.     Un xurado  seleccionará por cada categoría un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e agasallo.
6.     Todos os traballos presentados participarán na fase local do Certame convocado pola Biblioteca Pública Municipal.
7.     O fallo do xurado  farase público o día 21 .

RECURSOS PARA O NADAL

Moi interesante o especial nadal da Coordinadora de equipos de normalización e dinamización linguística: vídeos,cartas,cancións,panxoliñas,tarxetas,discos,libros,karaokes...
http://www.coordinadoraendl.org/nadal2011/recursos/index.php?ancho=1525&alto=857

xoves, 1 de decembro de 2011

CONTOS POPULARES, VACAS, CANS E NARRADORAS SORPRENDENTES



Quintín do grupo Trícole non puido vir ao noso colexio como estaba previsto  xa que a súa vaca  púxose a parir  no momento máis inoportuno. Pero non nos quedamos sen saber "o por que de que os cans se uliquen o cu cando se atopan" xa que a nosa xefa de estudos,Gloria tamén é unha boa coñecedora da tradición oral da nosa comarca grazas ao seu avó que foi quen lle contou unha versión dese simpático conto popular; por certo bastante distinta da do Quintín que tamén nola narrou.






Outra sorpresa no día: A SORTE DE ESCOITAR A TERESA GRAU a quen non coñeciamos, e que resultou ser ademaís de veciña dende hai un ano da nosa comarca e membro de Trícole, unha narradora profesional excelente. Foron catro sesións de contos e lendas populares de tradición oral de distintas partes do mundo:
Zeralda y el ogro (España) 1º ciclo.
La casita (Rusia) 2º ciclo.
El viejo y la muerte  e Todo es para bien (India) El faro (Deserto) 3º ciclo.
Por qué el abeto, pino, y enebro no pierden las hojas  e El león y el ratón (Francia) Infantil.

 Ver enlace  http://www.cuentacuentos.eu/narradores/miembros/espana/TeresaGrau.htm



                
Agradecemos neste blog o tratamento que dende "La voz de Lemos "fixeron desta noticia.