Este
curso iniciamos no mes de abril unha actividade que consiste en que algúns nenos e
nenas van contar contos á radio e damos as grazas á emisora de
RADIO PRINCIPAL de Monforte por abrir as súas portas para que
poidamos realizar esta nova experiencia. Ata agora é unha actividade
semanal onde participa o alumnado de 5º e 6º curso de Primaria.
Contar
contos axuda a desenvolver a imaxinación, a memoria, a expresividade
e a capacidade de comunicación. Decía García Márquez, que“ La
vida no es la que uno vivió sino la que uno recuerda y cómo la
recuerda para contarla”. El pasou a primeira parte da súa
infancia cos seus avós e escoitaba a diario os contos que a súa
avoa materna (que por certo era galega) lle contaba, Según as súas propias palabras iso foi o
inicio polo amor á escritura.
![]() |
Noa de 6º o día que foi contar o conto tradicional indio "A casa dos 1000 espellos" |
Podemos
escoitar aquí escoitar algún dos nosos
maravillosos contacontos.
"A casa dos 1000 espellos" por Noa Díaz Beltrán
"Os 3 anciáns" por Jorge Vázquez
"A casa dos 1000 espellos" por Noa Díaz Beltrán
"Os 3 anciáns" por Jorge Vázquez