mércores, 30 de xaneiro de 2013
DÍA DA PAZ. OS NOSOS VÍDEOS
Así celebramos no CEIP A GÁNDARA o día da paz, bailando e cantando. E logo hai mellor xeito?
venres, 25 de xaneiro de 2013
UNHA ESCRITORA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL NA ACADEMIA
A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares
mércores, 23 de xaneiro de 2013
CADERNO DE INVESTIGACIÓN DÍA DA PAZ
Dentro das funcións da Biblioteca Escolar está o fomento da educación documental. Entregamos a todos os cursos de primaria un caderniño para que a través de distintas fontes de información logremos saber máis sobre catro temas relacionados coa paz. É tan importante o resultado como o proceso que te leva ata o final.
Facilitanse unhas preguntas para orientarte no traballo, que pode realizarse ben de forma individual ou en grupo. Consulta coa túa titora ou bibliotecaria as dúbidas. Non esquenzas citar a bibliografía e as persoas que che axudaron. Por último esmerate na contraportada e na presentación. Os cadernos despois de expoñelos na clase pasarán á Biblioteca.

INDICE DE TEMAS
DÍA DA PAZ
NOBEL DA PAZ
A POMBA DA PAZ
O GUERNICA
FONTES INFORMATIVAS
POSIBLES:
http://salaamarilla2009.blogspot.com.es/2012/01/picasso-y-la-paloma-de-la-paz.
htmlhttp://arteparaninnos.blogspot.com.es/2012/04/como-explicar-el-guernica-de-picasso.html
htmlhttp://arteparaninnos.blogspot.com.es/2012/04/como-explicar-el-guernica-de-picasso.html
- · ENCICLOPEDIAS BIBLIOTECA, AULA ou CASA
- · BIOGRAFÍAS
- · LIBROS DE TEXTO
- · OUTROS LIBROS, REVISTAS OU DOCUMENTOS
As fontes informativas
podes atopalas na biblioteca, aula, casa e tamén na …
EXPOSICIÓN DE LECTURAS
PARA A PAZ NO PATIO INTERIOR DO COLEXIO.
DÍA DA PAZ
Por que se celebra o 30 de xaneiro o Día da
Paz?
Que símbolos da paz coñeces? Pégaos ou debúxaos.
NOBEL DA PAZ
A quen se lle concedeu este ano o premio Nobel
da Paz?
Di o nome de cinco premios nobel da paz e o ano
en que se lle concedeu.
1.
_______________________________________
2.
_______________________________________
3.
_______________________________________
4.
_______________________________________
5.
_______________________________________
Pega ou debuxa
algún retrato.
A POMBA DA PAZ
Cal é a orixe deste símbolo da Paz?
Que xenial pintor realizou unha serie de grabados con este
símbolo?
O GUERNICA
Este cadro é un símbolo da ____________.
O cadro foi encargado polo goberno republicano de
_______________ para a Exposición Universal que tiña lugar en París no
ano 1937.
Poucos meses antes producírase o bombardeo da cidade vasca de _______________________________ realizado por avións alemáns. Este ____________________ é un dos primeiros que se realiza sobre población civil sen avisar antes, de maneira que a xente ao non estar preparada non ten onde esconderse e o número de persoas inocentes _______________ foi moi grande. A destrucción da cidade foi prácticamente total.

Aparecen animais como o ________________ ou
o________________. Todos os personaxes que aparecen gritan de dolor, sufrimento porque en España hai unha
_____________ civil e están morrendo moitas persoas.
O cadro representa a dolor e a morte que causa calquera
______________.
o Quen pintou este cadro? __________________________
o Cal é o seu estilo?
________________________________
o Que color ten a obra?
_____________________________
o En que museo e en que
cidade se encontra este cadro?
______________________________________________
BIBLIOGRAFÍA
Cita
ou suliña ( na páxina 2) as fontes informativas que utilizaches.
AUTORÍA
Este
traballo de documentación foi feito por:
Axudoume:
E
agora a contraportada é túa.
Fai
un debuxo, pega fotos, textos ou escribe unha frase, un poema… o que ti queiras.
ACTIVIDADES PREVIAS AO DÍA DA PAZ
Damos as grazas dende aquí ao colexio ceip Praza de Barcelos polo bonito vídeo e música do poema de Neira Vilas que estes días escoitamos e aprendemos.
TARDE DE ARTE E MAXIA
O PAI DE CARLOS FIXO UN ESPECTÁCULO DE MAXIA
Había quen non podía crer que o pai de Carlos de 2º B era mago pero demostrounos que sí e moi bo.
Nenas e nenos de 2º divertíronse e aprenderon na biblioteca o pasado venres.
Na primeira sesión da tarde iniciaron un obradoiro de creación artística.Na segunda sesión maxia.

PREMIOS NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL
Experimentando co Kamishibai: O SOLDADIÑO DE CHUMBO
Na nosa biblioteca este curso dispoñemos dun teatriño de orixe xaponés chamado kamishibai grazas á asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia que nos fixo este agasallo . Dispoñemos de varios contos en galego, castelán e inglés para representar e comprometémonos a preparar outro texto coa participación do alumnado do colexio.Xa empezaron a contar e con éxito algunhas nenas de 4º como se pode apreciar nas imaxes.
Na biblioteca do Ceip de Xuvencos prepararon estes dous kamishibais para as festas do pasado Nadal. Noraboa dende este blogue e saquemos algunha idea para a nosa creación.
domingo, 20 de xaneiro de 2013
sábado, 19 de xaneiro de 2013
Os "Quinquilláns" na biblioteca
A compañía Os Quinquilláns percorreu os colexios de primaria de Monforte entre eles o noso realizando sesións de contacontos relacionadas coa temática da obra“Merlín”. Na nosa biblioteca estivo o 20 de decembro. |
martes, 15 de xaneiro de 2013
CLUB DE LECTURA GANDULÉS: XOELIKI
Para este segundo trimestre o libro seleccionado é "Xoeliki: As aventuras dun ciberpirata" de Abraham Carreiro.
PRÓXIMA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA
VENRES DÍA 22 DE MARZO
HORARIO
5º de 11:50h- 12:15
6º de 12:15h- 12:40
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)