Amosando publicacións coa etiqueta dia da muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dia da muller. Amosar todas as publicacións

luns, 12 de marzo de 2018

8 de Marzo. Día Internacional da Muller

O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, celebramos un acto no noso centro no que lembramos ás mulleres homenaxeadas no entroido. 

Mar Domínguez (Bombeira), Frida Kahlo (Pintora), a Maga Violeta (Maga), mulleres científicas, María de Villota (piloto), Wangari Maathai  (activista política e ecoloxista e máis Cristina Pato e Susana Seivane (gaiteiras) foron lembradas polo noso alumnado neste día.























venres, 10 de marzo de 2017

Homenaxe a unha farmacéutica pioneira do Saviñao e Pantón

A nova edición do certame Mulleres de Lemos dedícase a Balbina López, que rexentou unha farmacia en Escairón

A primeira farmacéutica que tivo o municipio do Saviñao, Balbina López Somoza, é a protagonista da cuarta edición do certame Mulleres de Lemos, convocado pola asociación Lemos Le coa colaboración do centro municipal de información á muller de Monforte. O obxectivo deste concurso é recuperar e divulgar as figuras de mulleres relevantes da historia comarca.
Os personaxes aos que se lle dedican as diferentes edicións do certame son propostos cada ano por algunha das entidades que forman o colectivo Lemos Le. Nesta ocasión tocoulle á biblioteca pública do Saviñao, que elixiu a Balbina López Somoza.
A protagonista da nova edición do concurso naceu en 1910 nunha familia labrega do municipio de Pantón e fixo a carreira de farmacia na Universidade de Santiago, nunha época na que moi poucas mulleres cursaban estudos superiores. Segundo os datos biográficos reunidos pola biblioteca do Saviñao, Balbina López obtivo a licenciatura en 1935 e despois da Guerra Civil abriu en Ferreira de Pantón unha primeira farmacia que rexentou durante un par de anos. Despois trasladouse a Escairón e estableceu outra farmacia da que se ocuparía ata o seu falecemento en 1985. Abriu tamén un botiquín en Currelos para que os veciños da zona tivesen acceso aos medicamentos sen ter que desprazarse á capital do municipio. Ela mesma ocupábase de atender este local os días de feira.

xoves, 9 de marzo de 2017

8M - Día Internacional da Muller

Onte mércores 8 de Marzo no CEIP A GÁNDARA conmemoramos o Día Internacional da Muller coas seguintes actividades: 
O alumnado de 6º de Primaria acudiu pola mañá á Casa da Cultura de Monforte de Lemos a visionar o conto multimedia sobre Lola de Penelas elaborado o curso pasado.




Repetindo a actividade que vemos desenvolvendo nos últimos anos, o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria recibiron na biblioteca do noso centro a visita de 4 mulleres profesionais da sanidade que nos contaron en que consiste o seu traballo. Lourdes , Luisa , Mª Carmen e Cristina contestaron todas as dúbidas que plantexaron os nosos alumnos/as máis pequenos/as sobre a súa labor profesional.









Pola tarde, a nutricionista Luisa deu unha charla sobre nutrición saudable aos alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria.















Tamén elaboramos unha exposión de Mulleres de Lemos sobre Inés de Castro, María Castaña e Lola de Penelas e diversos murais polo centro