venres, 15 de abril de 2016

ACHÉGASE O DÍA MUNDIAL DO LIBRO. ACTIVIDADES PROGRAMADAS.



"Un libro é un vínculo entre o pasado e o futuro. É unha ponte entre xeracións e entre culturas. É unha forza para crear e compartir a sabedoría e o coñecemento" 

AS ACTIVIDADES  PROGRAMADAS NO NOSO COLEXIO SON:



O 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial xa que ese día en 1616 faleceron Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. 

 A Conferencia Xeral da  UNESCO, celebrada en París en 1995 decidiu  render unha homenaxe universal aos libros e autores nesta data, alentando a todos, e en particular á xuventude  a descubrir o pracer da lectura e a valorar as irremplazables contribucións daqueles que impulsaron  o progreso social e cultural da humanidade. 








Ningún comentario:

Publicar un comentario