venres, 8 de abril de 2016
O PAPAGAIO. Un xornal escolar mensual
O PAPAGAIO. Un xornal escolar mensual, nace co obxectivo de achegar aos nenos e nenas de todo o país toda esa información que adoitan ver e escoitar decotío, pero dun xeito máis apropiado ás súas idades e ás súas inquedanzas, nun formato novidoso como é un xornal.
Este proxecto vén da man do Estudio Carreiro e o seu selo Edicións MOITO CONTO, onde, á parte do traballo de Pepe e Abraham Carreiro, tamén atopamos destacados colaboradores que se encargan das diferentes seccións.
Xa está dispoñible o número 0, totalmente de balde, que podedes visualizar na seguinte ligazón:
http://www.flipsnack.com/opapagaio/o-papagaio.html
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario