Amosando publicacións coa etiqueta teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta teatro. Amosar todas as publicacións

mércores, 6 de novembro de 2019

Samaín 2019

A semana do Samaín, desfrutamos de varios contacontos e representacións teatrais no cole.
Os nenos e nenas de infantil puidemos desfrutar dunha representación do conto "Corre, Corre cabaciña", que nos fixeron os nenos e nenas de 1º A.
Tamén tivemos a sorte de escoitar feitizos para atraer a sorte grazas ao alumnado de A.L.
Por outro lado os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria desfrutamos dun Kamishibai do conto "Rato Pincho" que viñeron contarnos o alumnado de 6º.






Pero o mellor foi que todo isto aconteceu rodeados de magníficas decoracións que había por todo o cole, estaba todo moi bonito!!

Outro ano máis, tamén trouxemos as nosas cabazas decoradas!! Canta imaxinación que temos neste cole, eran todas moi orixinais!!

E sabedes o que??? No cole había un túnel do terror...

Pasámolo xenial!!!

luns, 25 de abril de 2016

"O CHIFRE"

Outro dos actos organizados o pasado venres foi protagonizado polo grupo de teatro, que representou a obra "O chifre" baseada nun poema de Manuel María, autor a quen se lle adica o Día das Letras Galegas deste ano. A obra será estreada para o público en xeral o próximo vernes 29 de Abril na Casa da Cultura Lois Pereiro.

 Aquí podedes ver un adianto.

xoves, 30 de abril de 2015

Certame de teatro para centros de ensino 2015

Hoxe xoves 30 de abril, o noso grupo de teatro estreará a súa obra titulada "Suspéndese a función". 

A representación terá lugar na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos ás 20:00 horas




mércores, 16 de abril de 2014

DEGUSTANDO CONTOS NO MES DOS LIBROS


O venres 11 tivemos oportunidade de saborear,

 catar, degustar varios contos na biblioteca:


·   Conto xitano Saboroso entrante

 


·        O refugallo (guiso de letras presentado de forma  teatral)    Lectura dramatizada dun fragmento  do libro de PAULA CARBALLEIRA por estudiantes de atención educativa de 5º .




                      

·        A casiña de chocolate ao modo Contacontos pola nosa apreciada e coñecida Mercedes de Cabo de Vila(do equipo da biblioteca). A casiña de chocolate obra de Berta (a cociñeira) e Celia(a conserxe)


·        Hänsel e Gretel ao estilo Kamishibai (Pasamos a receita)




 
Os tres anciáns,conto oriental indio


O elefante encadeado de Jorge Bucay 

·        Contos para pensar e... 
   alimentar os sentimentos.
       Estes contacontos: Jorge, Laura e Noa interveñen cadaquen o seu  luns na radio.



·        Conto de animais


 
·        A eiruga famenta 





·        Deliciosas cancións de aperitivo e sobremesa



          










Máis fotos e información en breve e no blog A Pota dos Contos.



domingo, 6 de abril de 2014

TEATRO NA BIBLIOTECA: KAMISHIBAI E DRAMATIZACIÓNS

HANSEL E GRETEL TEATRO E KAMISHIBAI

OS IRMÁNS

                        
A BRUXA COS LIBROS NOS QUE SE BASOU A ACTUACIÓN (MÚSICA E TEXTO)

OS NARRADORES DO KAMISHIBAI

A  MADRASTRA, O PAI E OS IRMÁNS

AUTORES DAS ILUSTRACIÓNS E KAMISHIBAI  E AO MESMO TEMPO ANIMADORES DA ACTUACIÓN MUSICAL PREVIA E POSTERIOR AO CONTO.
 PÚBLICO  DA 2ª REPRESENTACIÓN
Máis información desta actividade no blog
A POTA DOS CONTOS

PARA LER E VER O CONTO AQUÍ






LECTURA DRAMATIZADA E POSTERIOR DEBATE SOBRE O TEXTO: "EL BURRITO "