venres, 15 de abril de 2016

ACHÉGASE O DÍA MUNDIAL DO LIBRO. ACTIVIDADES PROGRAMADAS.



"Un libro é un vínculo entre o pasado e o futuro. É unha ponte entre xeracións e entre culturas. É unha forza para crear e compartir a sabedoría e o coñecemento" 

AS ACTIVIDADES  PROGRAMADAS NO NOSO COLEXIO SON:



martes, 12 de abril de 2016

CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA E ILUSTRACIÓN MESES DO LIBRO E LETRAS GALEGAS 2016

Como xa sabedes cada ano convocamos no mes de abril (o mes dos libros)  o Certame de Creación Literaria e Ilustración Letras Galegas. Este ano vai de animais. Así que poñede a vosa imaxinación e bo facer a funcionar e preparade un bo conto con bonita ilustración. Continua lendo e observando para ter máis información e ideas.

ESTE É O NOSO CARTEL CON ILUSTRACIÓN TOMADA DO CARTEL DO



 A narración e a ilustración, xuntas ou por separado tamén se poderán presentar ao  CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL Letras Galegas 2016 da Biblioteca Municipal e Provincial. Nese caso farase unha copia que será a que quede no centro formando parte dun libro colectivo por clase. 

E se o que queremos é facer unha viaxe a través do tempo na nosa historia pois adiante!  Aló cando os animais falaban...    

Cartel da convocatoria  das Bibliotecas Públicas

MÁIS IDEAS PARA OS TRABALLOS


LEDE BEN AS BASES

CARTEL DO SALÓN DO LIBRO DA ILUSTRADORA  María Álvarez "Yupiyeyo"



venres, 8 de abril de 2016

O PAPAGAIO. Un xornal escolar mensual


 O PAPAGAIO. Un xornal escolar mensual, nace co obxectivo de achegar aos nenos e nenas de todo o país toda esa información que adoitan ver e escoitar decotío, pero dun xeito máis apropiado ás súas idades e ás súas inquedanzas, nun formato novidoso como é un xornal.
Este proxecto vén da man do Estudio Carreiro e o seu selo Edicións MOITO CONTO, onde, á parte do traballo de Pepe e Abraham Carreiro, tamén atopamos destacados colaboradores que se encargan das diferentes seccións.

Xa está dispoñible o número 0, totalmente de balde, que podedes visualizar na seguinte ligazón: 


http://www.flipsnack.com/opapagaio/o-papagaio.html

xoves, 7 de abril de 2016

8 de Abril - Día Internacional Do Pobo Xitano


El 8 de abril se celebra en todo el mundo el Día Internacional del Pueblo Gitano (International Roma Day). 


Esta fecha, recuerda el Congreso Mundial roma/gitano celebrado en Londres el 8 de abril de 1971 en el que se instituyó la bandera y el himno gitano . 



Desde hace unos años el '8 de abril' está adquiriendo gran notoriedad, sirviendo de ocasión para distintas celebraciones y comunicaciones por parte de múltiples instituciones nacionales y europeas.



La Fundación Secretariado Gitano participó en la organización de actos conmemorativos en todo el territorio nacional, con lecturas de manifesto, ceremonias en el río y recepciones locales y territoriales. Se sumó a los actos oficiales, y en Madrid llevó a cabo una acción de calle reivindicativa para escenificar un basta ya a la discriminación



Recomendamos a lectura do libro PATATITA, de Pilar Molina Llorente

Tamén podemos ler o conto xitano deste enlace





venres, 1 de abril de 2016

FELIZ DÍA DO LIBRO INFANTIL: "ADOPTA UN ANIMAL DE CONTO"


Hoxe día 1 celebramos o día do libro nas aulas coas  actividades programadas . 
Gustou moito a proposta de ADOPTA UN ANIMAL DE CONTO. 
Pronto mostraremos os  moitísimos  animais adoptados. 
Grazas profes e estudantes pola vosa colaboración. Sabemos que non contabamos con moito tempo..