Neste vídeo vemos os finalistas da 1ª fase do concurso (no noso colexio) convocado pola Casa-Museo Manuel María. Este concurso ten como finalidade a potenciación da expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e recitado da obra de Rosalía de Castro e de Manuel María, para celebrarmos así o aniversario da nosa escritora máis universal.
O concurso consistiu no recitado dun único poema por participante escollido libremente entre a obra en galego dos dous autores.
A fase final celebrarase na Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei – Lugo) o sábado 27 de febreiro
e incluirase dentro dun conxunto de actividades sobre Rosalía
(audiovisuais, exposición...) coincidindo co aniversario da escritora.
Irán a fase final representando á Gándara:
- Valentina e Lola, categoría 1
- Paula e Abel, categoría 2
Ningún comentario:
Publicar un comentario