Amosando publicacións coa etiqueta abril. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta abril. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de abril de 2015

Contacontos e microobradoiros no día do libro

Tres libros, tres historias e tres obradoiros foron os protagonistas desta actividade.



 "Rodribico aprende a voar”. Despois de escoitar o conto os nenos e nenas de primaria pola mañá e os de infantil pola tarde fixeron o seu paxariño Rodribico para lembrar este día. 
 


    “O trasno Non”, adicado ao segundo ciclo de primaria, acompañado tamén dun microobradoiro, realizando un TRASNO con cartolina e papel pinocho.



    “Rainbow Warrior”, relacionado coa temática ecoloxista e o día da Terra, realizaron  diversos muráis conxuntos e resolveron unhas preguntas e adiviñas.


Estes obradoiros foron dirixidos por profesionais vinculados á editorial Santillana e resultaron moi do agrado do alumnado de todos os niveis.

23 de abril, DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2015

Coma en anos anteriores, as Bibliotecas Escolares de Galicia celebran o Día Mundial do Libro coa edición dun pequeno marcapáxinas en forma de díptico que acolle un texto inédito, neste caso da escritora María Solar, sobre a maxia dos libros, con referencias literarias evocadoras de aventuras e viaxes. Agradecemos a María Solar a súa xenerosidade e a súa recomendación para este día:  



Nas clases lemos o texto de María Solar e agasallamos con marcapáxinas.
Esta actividade forma parte do programa-de-actividades que temos para todo abril, o mes dos libros.

Para comprobar o que sabes do DÍA DO LIBRO  preme  AQUÍ .


O QUIXOTE E MONFORTE

 Sabías que... o escritor Miguel de Cervantes, considerado o mellor escritor da Literatura española e mundialmente coñecido por ter escrito unha das mellores obras da literatura universal  dedicoulle ao VII Conde  de Lemos a segunda parte  do seu libro Don Quijote de la Mancha?


 Placa ao pé do monumento a Miguel de Cervantes, frente aos xuzgados da avenida de Galicia.

Sabías que... Dulcinea, o amor de don Quixote, foi unha dama da casa de Lemos?
Antón Valcarce xunto á estatua do VII Conde de Lemos na Praza da Compañía.


O monfortino, Antón Valcarce,estudioso da historia da casa de Lemos, defende a idea de que o personaxe de Cervantes inspirouse en A­ldonza Lorenzo de Valladares, muller do segundo conde de Lemos  e nai da fermosa   Inés de Castro 

"A tesis de Antón Valcarce, baixo o título de Dulcinea de Lemos, en esencia, apunta que a maioría dos estudios destacan que no Quijote conviven tres mulleres que, en realidade, son unha. 
Valcarce defende que coa recuperación do nome dunha dama, precursora da familia dos Castro, "o que fai Cervantes é un guiño ao conde", unha mostra máis do agradecimento pola  protección que tivo do aristócrata da casa de Lemos, amante das artes e as letras. 





  • Pedro Fernández de Castro VII CONDE DE LEMOS
Foi un importante mecenas de grandes escritores da súa época, como Luis de Góngora (en cuxa obra podemos atopar múltiples sonetos e poemas dedicados ao conde ou á súa cidade de Monforte) ou Miguel de Cervantes, quen lle dedicou a súa obra Os traballos de Persiles e Segismunda, a segunda parte do Quixote, as Novelas exemplares, e as Comedias e entremeses, ademais dos irmáns Argensola, e de Quevedo, quen o definiu como "Honra da nosa Idade"

martes, 21 de abril de 2015

Que sabemos do Quixote?


Podedes acceder ao texto de " El Quijote" en Quijote interactivo  ofrecido pola Biblioteca Nacional Española.



Moitas e moi variadas actividades premendo na imaxe.






luns, 20 de abril de 2015

Sabías que Alicia cumpre 150 anos?


   Alicia no país das marabillas é unha obra literaria creada

 en 1865 polo matemático, crego e escritor británico Charles

 Lutwidge Dodgson, baixo o pseudónimo Lewis Carroll.



Premendo no cartel tes máis información


Alicia no cine. Adaptacións cinematográficas
A Alicia no País das Marabillas de Carroll ten inspirado filmes e adaptacións televisivas diversas. Nesta listaxe soamente se recollen as adaptacións directas da novela orixinal, non de traballos derivados desta. Aparecen co título orixinal.
  • Alice in Wonderland (1903, 1910, 1915) Filmes mudos.
  • Alice in Wonderland (1931, 1933, 1941)
  • Alice in Wonderland (1951) Debuxos da Disney
  • Alice in Wonderland (1966) Filme televisivo
  • Alice's Adventures in Wonderland (1972, 1976, 1981) Musical
  • Alisa v Zazerkale (1981) Debuxos animados
  • Alice in Wonderland (1983) Filme televisivo baseado no musical de Broadway
  • Fushigi no Kuni no Alice (1983) Anime
  • Alice in Wonderland (1999) Filme televisivo
  • Abby in Wonderland (2008)   Especial para Sesame Street.
  • Alice in Wonderland (2010), Filme de Tim Burton.

Alicia do outro lado do espello  vén a ser a segunda parte das "Aventuras de Alicia no país das Marabillas.Publícase en 1.871. 


Moitas das películas, como é o caso da de  Alice in wonderland de Disney están baseadas nestas dúas obras. A continuación un simpático e imaxinativo  fragmento: FELIZ NO CUMPLEAÑOS







E... xa que estamos celebrando o día do libro disfruta coa seguinte animación :


BÉBEME- CÓMEME -LEME

DRINKme-EATme-READme from Irina Neustroeva on Vimeo.




sábado, 18 de abril de 2015

DATAS SINALADAS NO MES DE ABRIL


Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.


Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Esa Sección elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante do país co fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel que se difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de comunicación, etc. Con este motivo organízanse diferentes actividades de animación, encontros con escritores e ilustradores, concursos e outras accións puntuais.
Nós adiantamos a súa celebración para o venres antes das vacacións de Semana Santa.



Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, mais compartimos as mesmas historias"
Historias internacionais… historias tradicionais
É a mesma historia que se nos conta a todos
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero permanece inmutábel…
Comezo…
Argumento…
E fin…
É a mesma historia que todos sabemos e amamos
Todos a escoitamos
En diferentes versións de diferentes voces
Mais sempre é a mesma
Hai un heroe… unha princesa… e un vilán
Non importa a súa lingua, nin os seus nomes,
Nin as súas caras
É sempre o mesmo comezo,
Argumento
E fin
Sempre ese heroe… esa princesa e ese vilán
Inmutábeis durante séculos
Acompáñannos
Murmúrannos nos nosos soños
Arrólannos para durmir
As súas voces marcharon hai tempo
Pero viven nos nosos corazóns para sempre
Pois únennos nun mundo de misterio e imaxinación

Para que todas as culturas se fundan nunha única historia."

Escrito por: Marwa Al Aqroubi
Traducido ao galego por Antía Marante e Sabela González.



mércores, 23 de abril de 2014

23 de abril, Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor

O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor .

"Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica un pequeno marcapáxinas para lembrar esta data, cun texto inédito dunha autora ou autor que xenerosamente o cede para as Bibliotecas Escolares de Galicia.  Nesta ocasión o texto que inclúe este punto de lectura é do escritor Paco Martín, de quen se cumpren 30 anos desde a publicación do seu libro"As cousas de Ramón Lamote", primeiro premio Barco de Vapor, da Editorial SM para un texto en galego. Foi tamén o primeiro libro galego recoñecido co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1986) e, tamén, o primeiro libro galego que ingresa na lista dos White Ravens (1988), un catálogo de libros imprescindibles para a infancia e a adolescencia" 

Nas clases lemos o texto de Paco Martín e agasallamos con calendarios e marcapáxinas.
Esta actividade forma parte do programa que temos para todo abril, o mes dos libros.

Para máis información sobre ACTIVIDADES DAS BIBLIOTECAS DE GALICIA preme no marcapáxinas.

Para comprobar o que sabes do DÍA DO LIBRO  preme no   LIM  de abaixo. 


               

mércores, 16 de abril de 2014

DEGUSTANDO CONTOS NO MES DOS LIBROS


O venres 11 tivemos oportunidade de saborear,

 catar, degustar varios contos na biblioteca:


·   Conto xitano Saboroso entrante

 


·        O refugallo (guiso de letras presentado de forma  teatral)    Lectura dramatizada dun fragmento  do libro de PAULA CARBALLEIRA por estudiantes de atención educativa de 5º .




                      

·        A casiña de chocolate ao modo Contacontos pola nosa apreciada e coñecida Mercedes de Cabo de Vila(do equipo da biblioteca). A casiña de chocolate obra de Berta (a cociñeira) e Celia(a conserxe)


·        Hänsel e Gretel ao estilo Kamishibai (Pasamos a receita)




 
Os tres anciáns,conto oriental indio


O elefante encadeado de Jorge Bucay 

·        Contos para pensar e... 
   alimentar os sentimentos.
       Estes contacontos: Jorge, Laura e Noa interveñen cadaquen o seu  luns na radio.



·        Conto de animais


 
·        A eiruga famenta 





·        Deliciosas cancións de aperitivo e sobremesa



          










Máis fotos e información en breve e no blog A Pota dos Contos.