mércores, 23 de abril de 2014

23 de abril, Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor

O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor .

"Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica un pequeno marcapáxinas para lembrar esta data, cun texto inédito dunha autora ou autor que xenerosamente o cede para as Bibliotecas Escolares de Galicia.  Nesta ocasión o texto que inclúe este punto de lectura é do escritor Paco Martín, de quen se cumpren 30 anos desde a publicación do seu libro"As cousas de Ramón Lamote", primeiro premio Barco de Vapor, da Editorial SM para un texto en galego. Foi tamén o primeiro libro galego recoñecido co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1986) e, tamén, o primeiro libro galego que ingresa na lista dos White Ravens (1988), un catálogo de libros imprescindibles para a infancia e a adolescencia

Nas clases lemos o texto de Paco Martín e agasallamos con calendarios e marcapáxinas.
Esta actividade forma parte do programa que temos para todo abril, o mes dos libros.

Para máis información sobre ACTIVIDADES DAS BIBLIOTECAS DE GALICIA preme no marcapáxinas.

Para comprobar o que sabes do DÍA DO LIBRO  preme no   LIM  de abaixo. 


               

Ningún comentario:

Publicar un comentario