Amosando publicacións coa etiqueta radio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta radio. Amosar todas as publicacións

martes, 29 de abril de 2014

Contos na radio

Este curso iniciamos no mes de abril unha actividade que consiste en que algúns nenos e nenas van contar contos á radio e damos as grazas á emisora de RADIO PRINCIPAL de Monforte por abrir as súas portas para que poidamos realizar esta nova experiencia. Ata agora é unha actividade semanal onde participa o alumnado de 5º e 6º curso de Primaria.
Contar contos axuda a desenvolver a imaxinación, a memoria, a expresividade e a capacidade de comunicación. Decía García Márquez, que“ La vida no es la que uno vivió sino la que uno recuerda y cómo la recuerda para contarla”. El pasou a primeira parte da súa infancia cos seus avós e escoitaba a diario os contos que a súa avoa materna (que por certo era galega) lle contaba, Según as súas propias palabras iso foi o inicio polo amor á escritura.
 
Noa de 6º o día que foi contar o conto tradicional indio "A casa dos 1000 espellos"
Podemos escoitar aquí  escoitar algún dos nosos maravillosos contacontos.

"A casa dos 1000 espellos" por Noa Díaz Beltrán

"Os 3 anciáns" por Jorge Vázquez


venres, 14 de febreiro de 2014

Na radio

  Carmen, Candela. Jorge e Laura xunto con Mercedes  do noso cole estiveron na  radio. Foron invitadas por María de Radio Principal Cadena SER e estiveron durante case media hora dando conta das actividades  que  se realizan no noso colexio e na biblioteca, especialmente  o relacionado coa Historia de amor de Inés de Castro.




EN " La voz de Galicia" do 15 de febreiro.