Os adultos do colexio celebraron o Día Mundial do Libro na Biblioteca. Alí estiveron membros do Club de Lectura, Colectivo de xubiladas, Consello Escolar, ANPA , persoal non docente e profesorado. Dirixímonos dende aquí a todas as persoas que non o puideron asistir e que sabemos tiñan interés en facelo para lembrar que todos os documentos presentados no acto están a súa disposición na biblioteca.
Presentáronse os documentais: Las maestras de la República e Lazos de mulleres. Muller e discapacidade.
Libros: Educar con co-razón de JOSÉ MARÍA TORO, El yoga en la escuela de DOLORS GARCÍA DEBESA, Cociña infantil e familiar. Unha colección de libros de receitas que ensinan a preparar pratos fáciles e creativos, específicamente concebidos para experimentar en familia
Ningún comentario:
Publicar un comentario