domingo, 28 de febreiro de 2016

Emotiva e divertida sesión chea de música e contos con Paco Nogueiras

ANIMACIÓN Á LECTURA DA EDITORIAL KALANDRAKA
O VENRES 26 VIAXAMOS CON PACO NOGUEIRAS A UN LUGAR MÁXICO CHEO DE HISTORIAS, POEMAS E CANCIÓNS




Este ano contamos coa visita do actor, músico e narrador PACO NOGUEIRAS
nunha sesión a partir da obra Cantarolas do recentemente desaparecido Xosé Neira Vilas.
 
Paco contou que despois dunha visita á casa e aldea de Neira Vilas el decidiu compoñer cancións  a partir dos seus poemas.
Despois da chúvia, O poliño da aveleira,  O pito cairo , Paxariña de papel   ou   Imos cazar un oso son alguhas das historias que el contou e que dende aquí recomendamos.

xoves, 25 de febreiro de 2016

DIEGO DE 1º RECIBIU O PREMIO DE POESÍA EN LUGO

Recortes de prensa (La voz de Galicia e El Progreso ) coa información.


Esteé o poema de Diego que xa levara premio na biblioteca do colexio, do concello e agora a da provincia.

luns, 22 de febreiro de 2016

CONCURSO: ROSALÍA SEMPRE VIVA




Neste vídeo vemos os finalistas da 1ª fase do concurso (no noso colexio)  convocado pola Casa-Museo Manuel María. Este concurso ten como finalidade a potenciación da expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e recitado da obra de Rosalía de Castro e de Manuel María, para celebrarmos así o aniversario da nosa escritora máis universal.
 O concurso consistiu no recitado dun único poema por  participante escollido libremente entre a obra en galego dos dous autores.


 A fase final celebrarase na Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei – Lugo) o sábado 27 de febreiro e incluirase dentro dun conxunto de actividades sobre Rosalía (audiovisuais, exposición...) coincidindo co aniversario da escritora. 

 Irán a fase final representando á Gándara:


  •      Valentina e Lola, categoría 1 
  •      Paula e Abel, categoría 2 

CLUB DE LECTURA GANDULÉS ALUMNADO





No segundo trimestre eleximos para empezar MEMORIAS DUN NENO LABREGO  de Xosé Neira Vilas como homenaxe a este autor polo seu recente finamento.
No primeiro trimestre  puxemos en marcha de novo o club de lectura co alumnado de 5º e 6º coa lectura dos libros:
  

Ás de mosca para Anxo      e  Desde unha estrela distante

Os lectores de 5º B realizaron comics  e os de 6º A un mural. Disfrutaron moito.






domingo, 14 de febreiro de 2016

TRES POEMAS DE AMOR DE MANUEL MARÍA RECOLLIDOS NO LIBRO " CANCIONEIRO DE MONFORTE DE LEMOS"


A vida non ten senso sen amor
a vida non vale nada sen tenrura
...

En Monforte amiga miña
agromou o noso amor.
E foi semente e espiga
de desmedido grandor
...

Amo esta terra cruzada
 polo Cabe, melro máxico,
canción que aquece
e enche o corazón.
...