Amosando publicacións coa etiqueta adultos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta adultos. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de xuño de 2015

RUTA LITERARIA LOIS PEREIRO E EXPOSICIÓN: 17 OLLADAS ÁS LETRAS E TERRAS DE LEMOS

 O pasado martes 29 de maio foi o día adicado por membros do colectivo Lemos Le (do que a nosa biblioteca forma parte)  a facer, coma todos os anos  a ruta literaria e gastronómica. A ruta partiu da  Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro tras realizar a visita guiada á interesantísima  Exposición 17 0lladas. Os participantes foron recorrendo lugares que marcaron as distintas etapas da vida do autor monfortino Lois Pereiro. Rematouse a actividade coa visita a algún dos bares participantes no certame Cume Tapas.
" A EXPOSICIÓN permite facer un percorrido literario pola Terra de Lemos dende a época medieval ata a actualidade a través do achegamento a dezasete escritores e escritoras vinculados á comarca de Lemos pola temática dalgúns dos seus textos ou as máis das veces por aspectos biográficos.
Deste modo a mostra permite achegarse a escritores da época medieval (Pero de Veer) dos Séculos Escuros (Bacharel Olea), do Rexurdimento (Manuel Yáñez González) e do século XX (Joaquín Arias Sanjurjo, Roberto Martínez Andrade, Antón Patiño Regueira, Maruxa Fernández, Manuel María, Lois Diéguez, Xosé Lois García, Lois Pereiro, Sabela Rodríguez Oxea, Xavier Quiroga e Olga Novo). Tamén se inclúen na exposición achegas a colectivos que recompilaron literatura popular como o caso dos Estraloxos de Vilar de Ortelle no Concello de Pantón ou o Trícole e O Colado do Vento no Concello de Sober.
A mostra en definitiva permite achegarse á literatura galega vinculada á Terra de Lemos dende a idade media ata a actualidade e coñecer a dezasete figuras relacionadas con ela, pero ao mesmo tempo tamén ofrece unha ollada xeral á literatura galega dende a idade media ata a a actualidade e a algúns feitos históricos relevantes en Galicia tamén dende o período medieval ata a actualidade.
Por outra parte o protagonismo da Terra de Lemos na exposición reflíctese nunha parte dos 33 paneis que a compoñen en que se fan olladas breves a aspectos xeográficos, históricos e patrimoniais dos seis concellos da comarca: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober, acompañadas de magníficas fotografías de Jesús Rodríguez Montero.
Os escritores, escritoras e colectivos aos que se achega a exposición están vinculados, aos seis concellos da comarca.
Os textos da mostra foron recompilados por X. Martinez quen agradece a colaboración do persoal da Área de Cultura do Concello de Monforte de Lemos, das Bibliotecas Muncipais dos concellos da Terra de Lemos e do colectivo Lemos Le."

O colectivo das bibliotecas manifestou un gran interés polos documentos expostos, destacando a información e recompilación de material que aporta; e tentará levar a cabo un labor de    difusión entre o alumnado e profesorado dos centros de ensino e   población en xeral.  


Recorte prensa " El Progreso"







xoves, 30 de abril de 2015

ADULTOS NA BIBLIOTECA


O pasado luns 27 celebramos o día do libro cos  tradicionais ENCONTROS NA BIBLIOTECA. O acto consistiu en:
  • ·         A presentación dos libros: A cidade dos nenos do pedagogo FRANCESCO TONUCCI,  María e máis eu de MARÍA e MIGUEL GALLARDO ,  Confidencial: Eliminar ó rei da   escritora  monfortina MARGARITA  RODRÍGUEZ OTERO.
  • ·         Pequeno homenaxe a María Castaña.
Houbo :  café, doces  e ….charla distendida sobre literatura, cine, suxestións e  novidades na biblioteca.

Invitamos aos clubs de lectura, ANPA, Consello Escolar,  profesorado, persoal non  docente, colectivo de xubiladas e  familias en xeral amantes da lectura.

Invitamos aos  clubs de lectura, ANPA, Consello Escolar,  profesorado, persoal non docente,colectivo de xubiladas e  familias en xeral amantes da lectura.

Nos segundos encontros da biblioteca que se celebraron en xaneiro deuse a coñecer o recuncho de lectura para adultos que está adisposición da comunidade educativa.


sábado, 1 de novembro de 2014

CONSTITUIDO O CLUB DE LECTURA DE ADULTOS DESTE CURSO E RECOÑECEMENTO PARA BENI.







BENI, MESTRA RECIEN XUBILADA E EXMEMBRO DO EQUIPO DA BIBLIOTECA FOI A PROTAGONISTA. RECIBIU UN   LIBRO DE AGASALLO. SEGUIRÁ FORMANDO PARTE DO CLUB DE LECTURA E COLABORANDO COA BIBLIOTECA.












mércores, 28 de maio de 2014

POR MONFORTE CON MANUEL MARÍA.


ROTEIRO ARTÍSTICO, HISTÓRICO E LITERARIO

A ruta foi o luns día 26 DE MAIO  de 7h a 9h da tarde e o inicio  no Centro do Viño. 

A primeira parada foi na Exposición por Monforte con Manuel María  na Casa da Cultura. 

Fomos paseando e parando pola cidade do Cabe da man da magnífica guía poética que é o “Cancioneiro de Monforte de Lemos” de Manuel María. 


En certas paradas léronse  algún dos poemas.
A iniciativa partiu do COLECTIVO LEMOS LE en resposta ao ofrecemento que se nos fixo dende a concellalía de Cultura; e quen nos fixo de  guía-acompañante  foi o autor desta iniciativa: Xosé Martínez.

Participaron pois, amigos e amigas das bibliotecas escolares, bibliotecas públicas e  clubs de lectura de adultos da comarca de Lemos.




















E ... RUTA GASTRONÓMICA
Ao rematar a ruta literaria  ruta gastronómica por algún dos bares  que participa no certame CUME TAPAS.