O colectivo Lemos Le do que forma parte a nosa biblioteca, coincidindo co Día Internacional da Muller que se celebra o 8 de
marzo e coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras
femininas relevantes na historia das Terras de Lemos; levará a cabo
as seguintes actividades:
-
O obradoiro "Mulleres de Lemos. Inés de Castro. Unha muller
para o 8 de marzo" en colaboración co CIM de Monforte de Lemos
para os centros de primaria da comarca.
- A
convocatoria da I Edición do Certame de Divulgación Mulleres de
Lemos que este ano versará sobre a figura de Inés de Castro. Para
este certame establécense dúas modalidades:
- banda deseñada de 12 a 18 anos
- traballo de divulgación en calquera xénero literario a partir dos 18 anos.
Os
traballos poderán presentarse en calquera das bibliotecas
integrantes deste colectivo ata o día 30 de maio.
Para ver as bases preme no cartel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario