Consideramos de interés abordar os temas de discapacidade e igualdade a través do documento que damos a coñecer a través deste blog á toda a comunidade educativa.
O audiovisual “Lazos de mulleres" é un traballo realizado por Carlos Álvarez López e presentado na Casa de Cultura o pasado 8 de marzo co motivo do Día da Muller organizado polo concello de Monforte en colaboración coas asociacións ACADAR, AFAMON, AGORA, ALBORES, AUXILIA e PRODEME.
Neste audiovisual participan Regina Rodríguez Rodríguez, Mª Teresa Díaz Tallón, Mª Carmen Guedes, Mª del Carmen Seijas Fernández, Mª Nieves Díaz Losada, Leydi Juliana Aldana Rodríguez e Elena Rodríguez Gay, mulleres que coas súas testemuñas reflicten as dificultades que atopan no seu día a día e os prexuízos que aínda amosa moita xente na nosa sociedade, pero tamén a súa capacidade de superación.
A finalidade última deste traballo é recoñecer as situacións de discapacidade, visibilizando as diferenzas e garantindo así a igualdade para tódalas mulleres con ou sen discapacidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario