DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2014
Coma en anos anteriores, a IBBY (International Board on books for Young People) difunde o texto e a imaxe que conmemoran o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil que se celebra cada 2 de abril, en memoria de Hans Christian Andersen.
GALIX é a asociación galega do libro infantil e xuvenil que se encarga de facernos chegar este material en galego.
Nesta ocasión o país encargado de poñerlle verbas e cor a esta celebración foi Irlanda. Siobhán Parkinson editora e escritora de libros para nenos, nenas e adultos, redactou o texto "CARTA AOS NENOS DO MUNDO" para agasallarnos coa súa lectura neste día.
A imaxe do cartel é de Niamh Sahrkey, unha moi premiada escritora e ilustradora, tamén irlandesa.
Premendo AQUÍ terás acceso ao texto e poderás gozar da súa lectura o día 2 de abril durante a hora de ler.
Ningún comentario:
Publicar un comentario