martes, 29 de marzo de 2016

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Animamos a celebrar este día coas propostas que nos fai GÁLIX Asociación Galega do Libro Infantil  e Xuvenil :


O CONTO DE MARÍA CASTAÑA EN VÍDEO E NARRADO POLA XORNALISTA MANOLA PORTO

                                Este é o conto que elaborado polos nenos e nenas da Comarca de Lemos foi presentado publicamente o día da muller na Casa da Cultura de Monforte nun acto organizado polo CIM ao que acudiu o alumnado de 6º. Fomos agasallados con 15 exemplares que están sendo lidos estes días nas aulas. Agora tamén podemos disfrutar desta narración coa voz da xornalista da radio ONDA CERO de Monforte.
 

venres, 25 de marzo de 2016

"Mulleres da miña vida" e mulleres que fixeron historia


Para conmemorar o día da Muller nas aulas de 3º e 1º fíxose un mural coas fotos ou debuxos das mulleres traballadoras  "da nosa vida": a nai, avoa, bisavoa, tía… facendo o seu traballo (na casa ou fóra da casa) foron as protagonistas a través de fotos ou debuxos. Moitas grazas ás familias pola colaboración.


Na biblioteca dispoñemos de diversas biografías de mulleres que fixeron  historia. No mes de marzo formaron parte da exposición de libros recomendados. 

xoves, 17 de marzo de 2016

QUEN FOI LOLA DE PENELAS ?

Lola de Penelas foi unha oleira de Gundivós (Sober) que viviu no século XX. O colectivo Lemos Le, do que a nosa biblioteca forma parte, homenaxeará este ano a esta muller de Lemos con dúas principales actividades:
  •  OBRADOIRO MULLERES DE LEMOS para Educación Primaria e en colaboración co CIM
  • CERTAME DE DIVULGACIÓN MULLERES DE LEMOS no que se establecen dúas modalidades:

                  a. Banda deseñada para participantes de 12 a 18 anos
                  b. Traballo de divulgación en calquera xénero literario para participantes a partir de 18 anos.

Podemos ter máis información a través destes recortes de prensa ou en http://lemosle.blogspot.com.es/