mércores, 13 de maio de 2015

POESÍA E MUSICA CON HÉCTOR LORENZO

O músico e compositor Héctor Lorenzo estivo con nós presentándonos as súas cancións cheas de poesía. Foi un espectáculo participativo e que nos deixou con ganas de coñecer o  seu próximo libro-disco que pronto será publicado.






xoves, 7 de maio de 2015

A máis linda e emotiva das nosas actividades: Apadriñamento lector


Enchemos o patio de "madriñas e padriños de lectura" de 5º e 6º de primaria que con moito cariño, interés e profesionalidade parecían non cansar de contar contos a afillados e afilladas de 4,5 e 6 anos entusiasmados e atentos.

A gran festa da lectura no patio prevista para o pasado mes de abril tivo que pospoñerse ata este xoves por causa do tempo.

Resulta tenro, gratificante e emotivo ver as caras, intercambio de miradas, diálogos case silenciosos, susurros e lecturas compartidas e simúltaneas, sen interrupcións de ao redor de 120 nenos e nenas.












Os Maios 2015









Certame de teatro para centros de ensino: "Suspendeuse a función"










Fotos cortersía de José Luis López Salgueiro
Máis fotos en https://plus.google.com/photos/+Jos%C3%A9LuisL%C3%B3pezSalgueiro/albums/6145120936483417521?cfem=1