xoves, 7 de maio de 2015

A máis linda e emotiva das nosas actividades: Apadriñamento lector


Enchemos o patio de "madriñas e padriños de lectura" de 5º e 6º de primaria que con moito cariño, interés e profesionalidade parecían non cansar de contar contos a afillados e afilladas de 4,5 e 6 anos entusiasmados e atentos.

A gran festa da lectura no patio prevista para o pasado mes de abril tivo que pospoñerse ata este xoves por causa do tempo.

Resulta tenro, gratificante e emotivo ver as caras, intercambio de miradas, diálogos case silenciosos, susurros e lecturas compartidas e simúltaneas, sen interrupcións de ao redor de 120 nenos e nenas.












Ningún comentario:

Publicar un comentario