Para conmemorar o Día Da Biblioteca o alumando de 5º explicounos a historia de Hipatia e da Biblioteca de Alejandría.
Hipatia naceu en Alexandría a mediados do século IV, algunhas referencias din no 370 e outras no 355. O seu pai, Teón de Alexandría, era un famoso matemático e astrónomo, moi apreciado, que parece que traballaba e daba clases na biblioteca, (a que substituíu á lendaria Biblioteca de Alexandría que desaparecera no incendio do 48 a.C. Teón foi un sabio que non gardou os coñecementos para si e os seus discípulos, integrando a súa propia filla (caso insólito no século IV).
Hipatia era unha muller aberta ao saber a quen se lle transmitiu a paixón da investigación, educándose ademais nun ambiente académico culto. Hai historiadores que din que a filla sobrepasou o pai, de xeito que escritos atribuídos a Teón sono en realidade de Hipatia.
Na figura de Hipatia está inspirada a película de Alejandro Amenabar ÁGORA
Ningún comentario:
Publicar un comentario